Capón
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa gastronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O capón é un tipo de galo típico da comarca da Terra Chá que se cría para o seu consumo no Nadal.
Esta variedade é exclusiva de Galicia e críase da seguinte forma:
1- Comézase a escolle-los ovos en marzo dos galos e galiñas do país.
2- En abril, os pitos escollidos péchanse, case a escuras, lonxe das inclemencias atmosféricas, nunha especie de caixa chamada capoeira. Antes tamén se capaban, pero a curta vida dos pitos e a forma de alimentalos non deixa que se presenten os trazos masculinos dos polos.
3- Dáselles de comer normal ata os corenta días anteriores ao 20 de decembro, cando a súa dieta de engorde comeza. A partir desa data dáselles de comer un bolo feito de millo amarelo esnaquizado e patacas cocidas amarelas, para que así a carne do capón colla esa cor característica, todo mollado en auga fervida ou viño branco, que se lle dá ao pito no colo da muller, incluso obrigándoo a comer se non o quere.
4- O 20 de decembro de cada ano mátanse os capóns, límpanse e lévanse á feira do capón ao día seguinte na tradicional feira que se celebra en Vilalba, que se vén levando a cabo dende a Idade Media.