Castelo de Andrade
Coordenadas: 43°23′29.12″N 8°8′9.12″W / 43.3914222°N 8.1358667°W
| Castelo de Andrade | |
|---|---|
| Concello: | Pontedeume |
| Provincia: | A Coruña |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | |
| Estilo actual: |
(En ruínas) |
| Estado actual: | Visita libre do exterior e patio |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O castelo de Andrade, tamén coñecido como fortaleza da Nogueirosa, é un castelo medieval, tamén coñecido en tempos como "O Castelo da Fame". Desde a súa orixe estivo moi vinculado á poderosa familia dos Andrade.
Índice |
Situación [editar]
Sitúase sobre un pequeno promontorio rochoso no lugar do Castelo, parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume.
Historia [editar]
Xa desde a súa orixe foi fonte de desputas. Mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, atopou a oposición do prior do Mosteiro de Sobrado dos Monxes frei Esteban de Seixas que se negaba a súa construción e que incluso conseguiu paralizar as obras por un tempo. Pero o conde de Andrade que era valido de Henrique II de Trastámara e do que obtivera o territorio, rematou impoñéndose na desputa.
A maioría do conxunto conservado é o resultado das obras comezadas no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza, probablemente do século XIII. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade.
Trala súa destrución no ano 1467 a causa das revoltas irmandiñas tivo que ser practicamente reedificado. Poucos anos despois foi un dos corenta e seis castelos aos que os Reis Católicos ordenaron o seu desmochado. Ocorreu no ano 1486.
No século XIX foi obxecto dunha profunda restauración que foi levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba.
Descrición [editar]
Trátase dun castelo de reducidas dimensións construído sobre a rocha viva da Pena Leboreira.
Unha porta con arco de medio punto permite o acceso ao patio de armas a través dun paso abovedado. O patio de armas ocupa 140 m² polos 100 m² da torre da homenaxe. A torre divídese en tres plantas, alcanza unha altura de 20 metros e os seus muros teñen un grosor medio de dous metros e medio.
Na primeira planta ábrense ao exterior estreitas seteiras de sección trapezoidal e baixo algunha delas pódense observar cazoletas empregadas para a recollida da auga da choiva. A segunda planta ábrese con ventás con arcos de medio punto conformando no interior estreitos parladoiros. Na terceira planta consérvase unha ventá xeminada que perdeu o parteluz.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castelo de Andrade.
-
O castelo de Andrade desde Sada
Véxase tamén [editar]
|
|||||