Belesar, Vilalba
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Belesar.
| Belesar | |
|---|---|
| Concello | Vilalba |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2008) 398 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 37 |
San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 398 habitantes (196 mulleres e 202 homes), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
O territorio da parroquia está atravesado polos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa. Forman vales abruptos e entre eles zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arbolado.
Sobre o río Labrada ten as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, Das Baionas e Ponte Pedrouzos.
[editar] Festas
Son famosas as suas tres tradicionais festas: Corpus Cristi a comezos de xuño, e a festa na que teñen lugar as comuñons da parroquia. Santo Ánxo a finais de setembro, e a festa a que acuden numerosas familias para celebrar merendas campestres. San Martiño a mediados de novembro, e a principal festa da parroquia.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Belesar
| Lugares da parroquia de Belesar no concello de Vilalba (Lugo) | |
|---|---|
|
Aldea | A Atadoira | Baltar | Os Barreiros | Cabanamille| A Cabanela | Caivanca | O Camiño Real | Campello | Cascudo | O Cordal | A Crucitaria | A Currela | O Espiño | A Ferreiroa | A Folgada | O Fontao | As Forcadas | Lagares | Len | Meire | Montaña | O Outeiro | Pedrapicada | A Penadanta | Penarredonda | Pereira | Perrodríguez | A Picheira | Reboutas | A Reibocha | A Riba | A Ribeira | Sande | Santoro | Vilanova | Vilasilvestre |