Goiriz, Vilalba
| Goiriz | |
|---|---|
| Cemiterio de Goiriz e estrada N-634. | |
| Concello | Vilalba |
| Área | - km² |
| Poboación | 758 hab. (2008) |
| Entidades de poboación | 48 |
Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
Situada a ambas marxes da estrada a Mondoñedo, chegando polo Sur a Meira tras atravesar a que, de Oeste a Leste vai de Vilalba a Árbol por Román.
Abundan na parroquia as cerdeiras, e os amplos vilares para o cultivo de patacas e grandes praderías xunto con chouzas infrautilizadas.
Está dividida en cinco roldas, creadas polos veciños para a organización das festas: A rolda de Trece, no limite do concello, a de Bidueiros, na marxe esquerda cara Asturias, a Ribeira, Tarrio e Medios Aneiros.
Patrimonio [editar]
O castro de Goiriz, próximo á igrexa parroquial, cunha extensión de 20.700 metros cadrados, conta con tres defensas e ten boa visibilidade.
Arquitectonicamente é de salientar a igrexa parroquial e o seu cemiterio. Na igrexa, unha inscrición alude ó dereito a refuxio ós perseguidos pola lei.
O Pazo de Cazás, que pertenceu á familia de Quirós Baamonde Freire de Andrade e Taibo.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Goiriz, Vilalba.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Goiriz [editar]
| Lugares da parroquia de Goiriz no concello de Vilalba (Lugo) | |
|---|---|
|
Aciveiro | O Areal | Balsa | Barbeitas | Bidueiros | As Bouzas | Broz | O Campo do Cristo | A Cancela | A Carballeira | O Carballo | O Carral | A Casanova | As Casas Novas | A Casilla | O Castro | Caxigal | Cendán | Chozas | Currás | Fabás | O Fontao | Fontoira | Fra | Gocendre | Gomariz | Graduín | O Igrexario | Lagoela | Lamelas | Liñares | Lodeiro | Lousada | A Mámoa | Orbazán | O Outeiro | Pígara | Reboiros | Reguengo | Riba do Vilar | Santa Comba | Santo Adrao | Tarrío | As Touzas | As Toxeiras | Tronco | A Uceira | Ver |