Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilaxoán
Iglesia de San Martiño de Sobrán.jpg
Igrexa de San Martiño de Sobrán.
Parroquia Sobrán (San Martiño)
Concello Vilagarcía de Arousa
Poboación 1.480 hab. (ano 2007)

Vilaxoán é unha vila situada na parroquia de Sobrán, en Vilagarcía de Arousa. Foi concello de seu entre 1836 e 1913. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 1.480 habitantes (701 homes e 779 mulleres), o que supón un aumento de 17 persoas respecto ó ano anterior.

Neste lugar está a igrexa de San Martiño de Sobrán.

Historia[editar | editar a fonte]

Non se ten moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os indicios levan a pensar que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Tomando como base os estudios que se fixeron a fins do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulimentada e cobre pertencentes a razas aborixes, pódese dicir que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos se atopen tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia. Tamén apareceron achados de olería romana e moedas dos emperadores Constancio Cloro e Constantino, isto danos a entender, que os romanos tiveron contacto coa vila. Os topónimos que atopamos en toda a freguesía nos dan pé para dicir que os iberos, fenicios, gregos, celtas e romanos primeiro e os godos, suevos, normandos e árabes despois, estiveron poboando este porto de Sobrán.

Nos escritos de Manuel Murguía da colección Galicia, sus monumentos y artes-su naturaleza e historia de 1888, comenta que, ao saír de Vilagarcía na dirección de Cambados e a curto treito do convento de agustinas (xurisdición de Sobrán naquelas datas), se atopou nun terreo de enxurrada un grandeiro depósito de cunchas entre as cales se vían mesturados ósos de animais, compoñendo o todo dun verdadeiro kjoekkenmoedding ou refugallos de cociña. Cubertos cunha capa de terra de seixos, cando os obreiros comezaron a escavar a fendedura e reencher a estrada, apareceu o depósito, no cal predominaban as cunchas de ostras, berberecho e mexillón. En cada intre aparecían ósos que polas súas dimensións puideron ser de grandes paquidermos extintos e tamén de restroballos de cerámica e mosaicos romanos. Explorou moi lixeiro este depósito Ramón del Valle Bermúdez, pai do literato Ramón del Valle-Inclán.

A Enciclopedia Universal Ilustrada de 1920, fala da punta do Preguntoiro e un pouco máis aló da punta da Gorma é do illote do mesmo nome, onde era un punto preferido dos mariñeiros de Vilaxoán na pesca do congro ao palangre, comentando que, tendo este illote moi pouca extensión debeu estar habitado en tempos remotos, pois nel en 1915 afloraban anacos de tégula romana.

O polígrafo vilagarcián Fermín Bouza-Brey expoñía nas súas teses que os romanos escolleran o porto de Vilaxoán como un aos que arribaren de cando en vez nas súas viaxes pola ría de Arousa. Na súa opinión todos os achados de restos de ánforas procedían da limpeza dos barcos que se atopaban no porto.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Sobrán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sobrán (San Martiño) no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Vilaxoán

Parroquias de Vilagarcía de Arousa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)