Matosinhos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Matosinhos é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con 35.703 habitantes (2001), repartidos por dúas freguesías a ambas dúas marxes da foz do río Leça.
É cabeza dun pequeno municipio con 62,30 km² de área e 167.026 habitantes (2001), subdividido en 10 freguesías. O concello limita ao Norte co municipio de Vila do Conde, ao Nordeste con Maia, ao Sur co do Porto e ao Oeste ten costa co océano Atlántico.
Matosinhos está irmandada coa cidade galega de Vilagarcía de Arousa.