Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubiáns
Igrexa de Santa María de Rubiáns.
ConcelloVilagarcía de Arousa[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°34′36″N 8°45′14″O / 42.5767797, -8.7538406Coordenadas: 42°34′36″N 8°45′14″O / 42.5767797, -8.7538406
Área5,6 km²
Poboación1240 hab. (2016)
Densidade221,43 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Rubiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 240 habitantes (647 mulleres e 593 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 285 veciños, e 2005, cando eran 1 325.

Cunha extensión de 5,6 km2, constitúe o 12% do territorio total do concello.

O código postal é 36619.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira referencia data do ano 912: "o arcebispado compostelán, era dono destas terras, por doazón do Rei Ordoño II no ano 912 ao abade D. Guto, do Mosterio de San Martiño Pinario."

En 1146 Rui García de Caamaño habitaba unha torre na freguesía de Rubiáns (que dará orixe ao Pazo de Rubiáns).

En 1390 Rui Fernández de Caamaño recibe en feudo Santa María de Rubiáns, de mans do Arcebispo Xoán García Manrique (xunto a Santa Baia de Arealonga -actual Vilagarcía-, San Pedro de Cornazo, Santo Estevo de Saiar e Santa Baia de Nantes) reconstruíndo esta torre.

O seu fillo, García de Caamaño “O fermoso”, funda o 12 de maio de 1441 “Vila-García" (actualmente Vilagarcía de Arousa).[Cómpre referencia]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Pazo de Rubiáns, en Rubiáns de Arriba.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas de Rubiáns son na honra de Santa Prácida e San Ramón, e celébranse conxuntamente na primeira fin de semana de setembro. No ano 2008 recuperouse unha tradición nas festas de Santa Prácida, patroa da parroquia, organizando a Festa do Carneiro, que se celebrou a comezos de setembro e, en anos posteriores, en agosto.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Rubiáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Rubiáns no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Abelle | Agromao | Ande | Barbeitos | A Bouza | A Casanova | O Charco | A Congostra | A Feira Nova | O Lago | Loenzo | Perrón | As Quintáns | Rubiáns de Arriba | Sentín | Soutelo | Zamar

Parroquias de Vilagarcía de Arousa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]