Festa da ameixa do Carril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral do Carril.

A festa da ameixa é unha festa gastronómica que se celebra desde 1992 no Carril (Vilagarcía de Arousa) na segunda quincena de agosto.

Está organizada pola confraría de pescadores da parroquia para dar a coñecer a ameixa. Nos anos 2000 e 2001 non se celebrou pola falta deste molusco por mor das condicións climatolóxicas.

Nas últimas edicións servíronse unhas 5.000 racións (sobre 1.800 kg) de ameixa de tres especies: babosa (que é a autóctona), rubia e xaponesa, acompañada de viño albariño[1].

Notas[editar | editar a fonte]