Arosa Sociedad Cultural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arousa
Nome Arosa Sociedad Cultural
Fundación 1945
Estadio A Lomba,
Vilagarcía de Arousa, Galicia
Capacidade 5.000
Presidente Galicia Manuel Abalo
Adestrador Galicia Lino González
Liga 3ª – Grupo 1
2012–13 (Preferente Sur)
Vestimenta Rasán
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Arosa Sociedad Cultural é un equipo de fútbol de Vilagarcía de Arousa fundado en 1945. Na actualidade xoga no grupo sur da Terceira División. Xoga como local no Estadio da Lomba, con capacidade para 5.000 persoas.

Xogou unha tempada na Segunda División, 7 na Segunda B e 45 na Terceira.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende 1905 existiron en Vilagarcía diversos equipos de fútbol, federados ou non, e en 1940 uns rapaces da vila formaron o Arosa SC. Con todo, ata 1945 o equipo non puido federarse dado que o campo de xogo non tiña as medidas mínimas. O 27 de xaneiro de 1946 inaugúrase oficialmente o campo, valado, nun choque Arosa-Santiago (1-1). O primeiro partido oficial disputouse na Lomba o 3 de novembro de 1946 co resultado de Arosa SC 3 - Sociedad Cultural de Pontevedra 1.

En menos de tres anos, o Arosa SC consegue pasar de Serie A a Segunda División Española. Consegue o ascenso na tempada 1948-49 (o 17 de abril de 1949, ao vencer en Riazor o Xuvenil da Coruña (2-0) e proclamándose subcampións trala Orensana. O Arosa militou en Segunda División durante dúas tempadas.

Desde esa época o equipo moveuse dúas décadas por categorías galegas, ata que en 1975 ascende a Terceira. En 1981 xoga a súa primeira promoción de ascenso a Segunda B, e cae derrotado en Reus, mentres dous anos máis tarde, en Olot, o 18 de xuño de 1983, consegue o pase á categoría de bronce (na eliminatoria deixou fóra o Mestalla e o Olot, neste caso por (1-0) e (2-0). Nos anos seguintes disputou varias tempadas en Segunda B, e en Copa do Rei enfróntase á Real Sociedade e ao Osasuna. O seu último ascenso a Segunda B produciuse en 1993, cando despois de proclamarse campión de Terceira por primeira vez na súa historia, ascende logo de derrotar o Moscardó de Usera, o Lealtad de Villaviciosa e o Ríbert de Salamanca. Descende a Terceira en 1994, e a partir de aí comeza unha serie de tempadas nas categorías inferiores do fútbol galego, ata hoxe en día.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Temporadas en : 0
  • Temporadas en : 1
  • Temporadas en 2ªB: 7
  • Temporadas en : 46

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1945/46 Rexional
1946/47 Rexional Green Arrow Up.svg
1947/48
1948/49 Green Arrow Up.svg
1949/50 16º Red Arrow Down.svg
1950/51 11º
1951/52
1952/53
1953/54 14º
1954/55 Red Arrow Down.svg
1955/56 Rexional Green Arrow Up.svg
1956/57
1957/58 12º
1958/59 10º
1959/60
1960/61
1961/62
1962/63
Tempada Categoría Posto
1963/64 11º
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68 10º
1968/69 20º Red Arrow Down.svg
de 69-70 Rexional
a 74-75 Rexional Green Arrow Up.svg
1975/76 13º
1976/77 18º
1977/78 11º
1978/79 13º
1979/80
1980/81
1981/82
1982/83 Green Arrow Up.svg
1983/84 2ªB 15º
1984/85 2ªB 14º
Tempada Categoría Posto
1985/86 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
1986/87 Green Arrow Up.svg
1987/88 2ªB 15º
1988/89 2ªB
1989/90 2ªB 20º Red Arrow Down.svg
1990/91 11º
1991/92
1992/93 Green Arrow Up.svg
1993/94 2ªB 16º Red Arrow Down.svg
1994/95
1995/96 16º
1996/97 14º
1997/98
1998/99 10º
1999/00 18º Red Arrow Down.svg
Tempada Categoría Posto
2000/01 Preferente Green Arrow Up.svg
2001/02 16º
2002/03 11º
2003/04 16º
2004/05 15º
2005/06
2006/07 16º
2007/08 11º
2008/09 19º Red Arrow Down.svg
2009/10 Preferente
2010/11 Preferente 12º
2011/12 Preferente
2012/13 Preferente


Estatísticas dos xogadores[editar | editar a fonte]

  • Os 10 xogadores que até a data disputaron máis partidos oficiais coa camisola arlequinada son os seguintes[1]:
  1. Fernando Lezcano (518 partidos entre 1971 e 1986).
  2. Miolo Millán (383 partidos entre 1964 e 1978).
  3. Ramón Dopazo, Ramoní (306 partidos entre 1959 e 1970).
  4. Gabriel García (278 partidos entre 1990 e 1999).
  5. Fernando Fernández (272 partidos entre 1998 e 2006).
  6. Javier García Barrio (271 partidos entre 1980-1986 e 1987-88).
  7. Carlos Coira (269 partidos entre 1968-1975 e 1979-1981).
  8. Rafael Sáez (253 partidos entre 1979 e 1987).
  9. Chatarra, (223 partidos entre 1995 e 2004).
  10. Unai Bermúdez (216 partidos entre 1996 e 2004).
  • Os máximos goleadores na historia do club foron:
  1. Javier García Barrio (113 goles en 271 partidos, media 0,42).
  2. Fernando Lezcano (80 goles en 518 partidos, media 0,15).
  3. Ventura (75 goles en 100 partidos, mellor media con 0,75).
  4. Sarío Alcalde (61 goles en 186 partidos, media 0,33).

O gardameta que máis partidos oficiais disputou foi Berto Moreira con 146 entre 1983 e 1988. O que presenta mellor media é o sevillano Nano Sánchez (1981-83) con 0,53 goles (27 goles en 51 partidos).

Xogadores de sona[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia do club Web oficial do SC Arosa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arousa SC, 60 anos de historia 1945-2005 (2 tomos, 1.675 páxinas, 300 fotografías, ano 2005, editado por "Gráficas Salnés S.L.") cuxo autor é Javier Bouzada Romeu.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]