A Nosa Señora da Xunqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruz da parroquia
Fachada principal da igrexa da parroquia

A Nosa Señora da Xunqueira, popularmente coñecida como A Xunqueira, é unha das parroquias máis novas do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Índice

[editar] Historia

A Xunqueira fundouse xurídicamente como parroquia no ano 1979 sendo arcebispo de Santiago de Compostela Mons. Angel Suquía Goicoechea, pero xa entre 1970 e 1971 a comunidade pre-parroquial íase conformando.

A parroquia nace nun contexto histórico xeográfico. O espazo que ocupa a parroquia é conveniente enmarcalo no crecemento da cidade de Vilagarcía de Arousa e na división só da parroquia do Divino Salvador de Sobradelo que chegaba ata o río do Con, límite con Santa Baia de Arealonga.

O barrio da Lomba non participaba na súa propia parroquia pola distancia. Este barrio configurouse cun área educativa de varios colexios, zona deportiva e bloques de vivendas de empregados do Concello e profesores dos colexios de ensino primario; ao redor de 3000 persoas.

[editar] O templo

O criterio do proxecto de edificio foi darlle carácter relixioso a unha composición de locais para formar unha unidade de conxunto; reflexo dunha casa familiar en cuxo centro se ofrece un espazo amplo para a celebración. O máis rechamante do interior é a pintura e representación que fai o artista Lugrís no presbiterio, onde se desenvolve un simbolismo da redención coa cruz no centro, de madeiras dunha batea, recollidas na beira do mar. Outro aspecto de eficacia funcional é a iluminación que ten tamén a súa simboloxía. O baptisterio atópase arredor dunha columna, que é á vez unha fonte decorada tamén por Lugrís, á que se entra por unha porta que dá acceso tamén á capela do Santísimo, da misa diaria e da reconciliación (porta para os minusválidos). O sagrario está situado nun tronco de carballo, e a imaxe da Virxe María está colocada sobre un tronco. Esta imaxe é obra de Castor Lata e ten na súa man esquerda un ramo de xuncos e á beira o neno Xesús, que porta un instrumento musical, unha pequena harpa; todo isto alude a unha comunidade que crece unida como os xuncos e que celebra a fe con aire festivo.

[editar] É coñecida por...

[editar] Situación

Está ao sur da cidade de Vilagarcía de Arousa.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Libro editado polo 25 aniversario da parroquia A Nosa Señora da Xunqueira 1979-2004 "Vodas de Prata".

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas