Club Xadrez Fontecarmoa
O Club Xadrez Fontecarmoa (CXF), é un club de xadrez da localidade arousana de Vilagarcía de Arousa. Adestra e xoga as partidas da Liga Galega de Xadrez na Casa da Xuventude de Vilagarcía. O seu nome provén dunha das aldeas da vila, na que está o instituto de educación secundaria e Formación Profesional no que se formou. É coñecido por ter a mellor canteira de xogadores da comunidade. Na tempada 2008-2009, contou con 12 equipos e unhas 140 licenzas federativas, copando o ranking galego en ámbalas dúas categorías.
Índice |
[editar] Historia
O club formouse no I.F.P Fontecarmoa, dada a afición xadrecística por parte dalgúns estudantes e profesores do centro. Nos seus primeiros anos estivo á sombra da outra entidade da vila, a sección de xadrez do Liceo Casino de Vilagarcía. A raíz da desaparición deste último club algúns dos seus compoñentes comezaron a migrar cara ó CXF, que xunto cun bo traballo da directiva co deporte de base fixo que o club medrase de forma espectacular ata chegar a ser o club de xadrez galego con máis equipos inscritos na Liga Galega de Xadrez e o que conta cun maior número de licencias federativas.
[editar] Torneos
A competición na que participan a meirande parte dos xogadores é a Liga Galega de Xadrez, que se disputa dende Xaneiro ata Abril; aínda que dado o carácter eminentemente xuvenil da entidade destaca a participación nos Campionatos Zonais, asi coma nos Campionatos Galegos, no Circuito Escolar e no prestixioso torneo Peón de Oro. Os mellores xogadores tamén teñen disputado os Campionatos de España e incluso os Campionatos Europeos.
[editar] Palmarés
- Dúas veces Mellor Club Deportivo do Concello de Vilagarcía (2006, 2008).
- Equipo na División de Honra.
- Campións Galegos Infantís por equipos masculino e feminino.
- Varios campións e campionas autonómicos cada tempada, e un subcampionato nacional.
[editar] Patrocinio
A entidade conta con numerosos patrocinadores privados: McDonald´s, Porto de Vilagarcía, Sold Out, Empresa Pereira, Caixanova, CaixaGalicia, Deportes Rodas, Valdumia, Limipiezas All Cleaning, Restaurante A pedra, Baños Print, Yupi ya, Cafetería La marina,...