Rexión de Mara
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mara é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida Tanzania. O nome vén do río Mara. A capital rexional é Musoma.
Limita polo sur coas rexións de Mwanza e Shinyanga, polo sueste coa rexión de Arusha, polo nordeste coa República de Quenia, e a oeste ten o Lago Vitoria
O Parque Nacional do Serengeti atópase nesta rexión.
Posúe unha superficie de 19.566 km² e no 2002 tiña unha poboación de 1.368.602 habitantes.
Distritos [editar]
Ten cinco distritos:
- Bunda
- Serengeti
- Tarime
- Musoma Urban
- Musoma Rural
|
|||||||