Zanzíbar Central/Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Zanzibar Central/South en Tanzania.

Zanzíbar Sur (Zanzibar Central/South en inglés, Unguja Kusini en suahili) é unha das 26 rexións administrativas nas que se encontra dividida a Tanzania, localizada en Zanzíbar. A súa capital é a cidade de Koani. Posúe unha extensión de 854 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 94.504 persoas.

Distritos[editar | editar a fonte]

Ten dous distritos:

  • Kati
  • Kusini