Pemba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da illa

Pemba (en lingua árabe, الجزيرة الخضراء‎, al-Dschazirat al-Chadra, «illa verde») é unha illa que forma parte do arquipélago de Zanzíbar, localizada preto da costa oriental de África, en augas do océano Índico. Sitúase a 50 km ao norte da illa de Unguja, a illa principal do arquipélago, e a outros 50 km da costa africana.

Na década dos 1960, Zanzíbar uniuse á antiga colonia de Tanganika para formar o estado de Tanzania. Conta cunha poboación aproximada de 362.000 habitantes segundo o censo do 2002, cunha superficie de 984 km².

Administrativamente divídese en dúas rexións: Pemba Norte e Pemba Sur.