Freddie Mercury
| Freddie Mercury | |
|---|---|
![]() Freddie Mercury |
|
| Nome completo | Farrokh Bomi Bulsara, tamén Frederick Bulsara Mercury |
| Alias | Freddie Mercury |
| Naceu | 5 de setembro de 1946 Stone Town |
| Orixe | {{{orixe}}} |
| Morreu | 24 de novembro de 1991 Londres |
| Ocupación (s) | Músico, compositor, produtor, pianista, guitarrista, cantante |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | Voz, guitarra, piano |
| Tipo de voz | tenor lixeiro |
| Selo(s) discográfico (s) | Columbia, Polydor, EMI, Parlophone, Hollywood Records |
| Relacionado con | Queen |
| Tempo en activo | 1958 - 1991 |
| Web | Freddie Mercury en IMD |
| Sinatura: |
|
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara[1][2] en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.
Traxectoria [editar]
Era fillo dun funcionario da Corte Suprema do goberno británico, e de Jer Bulsara. Tivo unha irmá, Kashmira Bulsara-Cooke. Ó pouco tempo, os seus pais trasladáronse a Bombai. En 1954 foise a estudar ó colexio St. Peter en Panchagani, a uns 80 quilómetros de Bombai. Foi alí onde os seus amigos comezaron a chamalo Freddie, nome que a familia tamén adoptou.
Foi unha das voces máis recoñecidas do rock no século XX, dotada dun extraordinario rexistro (cubría tres oitavas e media), e coa que cantou unha gran variedade de estilos musicais.
Tanto a carreira como vocalista principal do grupo Queen como en solitario foron moi exitosas, realizando os concertos con maior asistencia da época.
Entre as súas numerosas interpretacións cabe destacar o seu disco coa diva Montserrat Caballé para a que escribiu unha canción dedicada á súa cidade, Barcelona, que posteriormente sería seleccionada para ser cantada nos Xogos Olímpicos de 1992, aínda que desgrazadamente non puido interpretala alí como estaba previsto, debido á súa temprana morte, sendo substituído polo tenor José Carreras[Cómpre referencia].
Faleceu a causa da SIDA, un día despois de anunciar publicamente a grave enfermidade que padecía.
Notas [editar]
- ↑ "Certificado de nacemento de Farrokh Bulsara". http://mr-mercury.co.uk/Images/Birthcertificatefreddie.jpg. Consultado o 6 de setembro de 2011.
- ↑ "Freddie Mercury (real name Farrokh Bulsara) Biography". http://www.inoutstar.com/news/Freddie-Mercury-real-name-Farrokh-Bulsara-1876.html. Consultado o 11 de julio de 2010.
