Lago Tanganica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Pescadores no lago Tanganica.

O lago Tanganica (do seu nome en KiSwahili Tanganyika) é o segundo maior lago de África e forma parte da Tanzania, República Democrática do Congo, Burundi e Zambia.

Está localizado no brazo ocidental do Gran Vale do Rift, a unha altitude de 782 m, estendese por 673 km nunha dirección aproximadamente norte-sur – é o lago mais longo do mundo -, cunha largura media de 50 km e ten unha profundidade máxima de 1470 metros (entre 3° 20' to 8° 48' S e 29° 5' to 31° 15' E). Estimase que este lago sejx o segundo mais antigo e mais profundo do mundo, despois do Lago Baikal na Siberia (e o mais profundo de África). Cobre unha área de 32.900 km², ten unha liña de costa de 1.828 km e unha profundidade media de 570 m; o seu volume é estimado en cerca de 18.900 km³.

Existen catro áreas protexidas nas suas marxes: a Reserva da Natureza de Rusizi, no Burundi (un sitio Ramsar), o Parque Nacional de Gombe Stream (onde se encontran os chimpancés de Jane Goodall), o Parque Nacional das Montañas Mahale, na Tanzania e o Parque Nacional de Nsumbu, na Zambia.

Para alén de ser un excelente medio de comunicación entre os países e poboacións ribeiriñas, o Lago Tanganica é rico en peixes, sendo unha importante fonte de proteínas para os pobos da rexión. Estimase que cerca de 45 mil persoas estean directamente envolvidas nas pescarias, operando de case 800 centros de pesca; no entanto, pensase que mais de un millón de persoas dependan desta actividade.

O lago foi “descoberto” polos europeos en 1858, cando os exploradores Richard Francis Burton e John Speke o atinxiran, cando buscaban a nacente do rio Nilo. Speke continuou as suas pesquisas para o norte e realmente encontrou unha das suas nacentes, o Lago Vitoria.

Limnoloxía e pescas[editar | editar a fonte]

Lago Tanganica desde o espazo, xuño de 1985.
Lago Tanganica (da The University of Texas at Austin - Perry-Castañeda Library Map Collection.

O lago Tanganica ten como afluentes principais o río Ruzizi, que entra polo seu extremo norte, traendolle auga do lago Kivu, e o Malagarasi, que é o segundo maior río da Tanzania e que entra no lago pola súa marxe oriental. Desta maneira, estimase que a súa bacía hidrográfica cubra cerca de 231.000 km². O principal afluente é o río Lukuga, mais apenas cando o nivel do lago Tanganica é moi alto. O río Malagarasi é mais antigo que o lago Tanganica e xa estivo ligado ao río Congo.

Debido á súa enorme profundidade e localización tropical, as aguas do lago non sofren a viraxe sasonal propia dos lagos das rexións frias e, como consecuencia, as suas augas profundas consideranse “auga fósil” e son anóxicas (sen osíxeno).

No lago encontranse polo menos 300 especies de ciclídeos – 98 % dos cales son endémicos - e 150 doutros grupos de peixes, a maioría dos cales vive na zona béntica (no fondo); no entanto, a maior parte da biomasa de peixes vive na zona peláxica (augass abertas) e está dominada por seis especies – duas de “sardiñas do Tanganica" e catro do predador Lates (relacionado, mais non a especie coñecida como perca do Nilo que devastou a ictiofauna indíxena do Lago Vitoria). O elevado endemismo encontrase tamén entre numerosos invertebrados do lago que son coñecidos pola súa converxencia con especies mariñas, especialmente moluscos, caranguexos, copépodes etc.

A pesca comercial no lago comezou a mediados da década de 1950 e tivo un crecemento rápido até finais dos anos 70, cando parece ter atinxido o rendemento máximo sustentábel; en 1995 a captura total atinxiu cerca de 180.000 toneladas, mas teñense verificado grandes flutuacións inter-anuais (o que é normal en peixes peláxicos). Existem dous proxectos internacionais para a xestión das pescarías do Lago Tanganica, un organizado pola FAO e outro pola IUCN e Banco Mundial, para a xestión da biodiversidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]