Rexión do Kilimanjaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da Rexión de Kilimanjaro en Tanzania.

Kilimanjaro é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida Tanzania, onde se atopa o monte Kilimanjaro. A capital é a cidade de Moshi. Limita polo norte e polo leste con Kenya, polo sur coa rexión de Tanga, polo suroeste coa rexión de Manyara, e polo oeste coa rexión de Arusha.

Posúe unha superficie de 13.309 km² e no 2002 tiña unha poboación de 1.381.149 habitantes.

Distritos[editar | editar a fonte]

Ten seis distritos:

  • Rombo
  • Hai
  • Moshi Rural
  • Moshi Urban
  • Mwanga
  • Same

Kilimanjaro Wilaya.PNG