Alto forno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alto forno é como se chama a construción utilizada na siderurxia, de tamaño variábel, e de forma aproximadamente cilíndrica, feita de aceiro revestido internamente con material refractario, onde é fundido o mineral de ferro a fin de transformalo en ferro-gusa.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

1. Tobeira do forno Cowper
2. Zona de derretimento
3. Zona de redución de óxido ferroso
4. Zona de redución de óxido férrico
5. Zona de prequecemento (garganta)
6. Alimentación de mineral, pedra calcaria e coque siderúrxico
7. Escapamento de gases
8. Columna de mineral, coque e pedra calcaria
9. Remoción de escoria
10. Ferro-gusa
11. Chaminé para escoamento dos gases liberados

O alto forno basease no feito de que o silicio indesexábel e outras impurezas, son mais leves do que o ferro fundido, seu produto principal, designado por ferro-gusa. O forno é construído na forma semellante a unha chaminé, nunha estrutura alta feita con tixolos refratarios. Coque, pedra calcaria e mineral de ferro (óxido de ferro) son inseridos no topo. O ar chega pola base. Este fornecimento de ar permite a combustión do carbón no seu interior. Isto reduz o óxido a metal que, sendo mais denso, se concentra na parte inferior do forno. A natureza exacta da reacción é:

Fe2O3 + 3 CO → 2Fe + 3CO2