Rexión de Shinyanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Shinyanga en Tanzania.

Shinyanga é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida a Tanzania. A súa capital é a cidade de Shinyanga. Limita polo norte coas rexións de Mwanza, Mara e Kagera, polo sur coa de Tabora, polo oeste coa de Kigoma, polo sueste coa de Singida e polo leste coas de Arusha e Manyara. Posúe unha superficie de 50.781 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 2.805.580 habitantes.

Distritos[editar | editar a fonte]

Ten oito distritos:

  • Bariadi
  • Bukombe
  • Kahama
  • Kishapu
  • Maswa
  • Meatu
  • Shinyanga Urbano
  • Shinyanga Rural