Markazi
Markazi (استان مرکزی en Persa) é unha das 30 provincias de Irán. A verba markazi ten o significado de central en Persa.
Markazi fica no oeste do Irán, e a súa capital é Arak. Ten unha poboación duns 1.35 millóns de persoas. Os límites actuais da provincia datan dos 80, cando foi dividida nas provincias Markazi e Tehran, e partes anexionadas á provincia de Esfahan, Semnan e Zanjan.
As maiores cidades da provincia son: Saveh, Arak, Mahallat, Khomein, Delijan, Tafresh, Ashtian, e Shazand (antano coñecida como Sarband)
Índice |
Historia [editar]
A provincia de Markazi foi parte do Imperio Medio no primeiro milenio despois de Cristo, o cal incluía as partes centrais e oeste do actual Irán. Numerosas ruínas arquitectónicas amosan a antigüidade da provincia.
Nos primeiros séculos do Islam, o nome da área foi mudado a Jabal ou Qahestan. Comezando o século 10, Khorheh converteuse na cidade máis famosa da provincia de Jabal, seguida de Tafresh e Khomein.
Nos anos actuais, a expansión da estrada Norte-Sur (coñecida como Corredor Persa e o establecemento das industrias máis importantes axudaron o desenvolvemento do área.
Moitas celebridades da historia Iraní teñen os seus comezos nesta provincia: Mirza Abulqasem Qaem Maqam, Abbas Eqbal Ashtiani, Mirza Taqi Khan Amir Kabir, Qaem Maqam Farahani, Mahmoud Hessabi, Ayatollah Khomeini, Ayatollah Araki, e moitos outros
Xeografía e Clima [editar]
Markazi ten invernos secos e fríos causados polos montes. Ten unha superficie de 29,530 km² (1.8% de Irán)
Distritos [editar]
A provincia ten 10 rexións e 18 distritos.
| Mapa | Shahrestan | Letra No Mapa | Bakhsh | Center |
|---|---|---|---|---|
| Arak | A | Central | Arak | |
| k | Khandab | |||
| Ashtian | Ash | Central | Ashtian | |
| Delijan | D | Central | Delijan | |
| Komijan | K | Central | Komijan | |
| m | Milajerd | |||
| Khomein | Kh | Central | Khomein | |
| k | Kamareh | |||
| Mahallat | M | Central | Mahallat | |
| Saveh | S | Central | Saveh | |
| n | Nobaran | |||
| Shazand | Sh | Central | Shazand | |
| s | Sarband | |||
| z | Zalian | |||
| Tafresh | T | Central | Tafresh | |
| f | Farahan | |||
| Zarandiyeh | Z | Central | Mamooniyeh | |
| k | Kharqan | |||
| Provincias Veciñas: E: Esfahan, H: Hamedan, L: Lorestan, Qm: Qom, Qz: Qazvin, T: Tehran | ||||
Escolas e Universidades [editar]
-
- Arak University of Medical Sciences
- Iran University of Science and Technology ,Arak Campus
- University of Arak
- Islamic Azad University of Khomein
- Islamic Azad University of Arak
- Islamic Azad University of Saveh
- Islamic Azad University of Farahan
- Islamic Azad University of Ashtian
- Islamic Azad University of Tafresh
- Tarbiat Moallem University of Arak