Isfahán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isfahán é unha cidade de Irán, capital da provincia homónima do centro occidental do país. Situada na meseta irania ao pé dos montes Zagros nun oasis irrigado polo río Zayandeh, é na actualidade un importante núcleo industrial, comercial, educacional e cultural que conta con 1.755.382 habitantes (2012) e un área metropolitana de arredor de tres millóns.

De antigo poboamento (a mítica Aspadana citada por Ptolomeo) semella unha fundación aqueménida coma residencia real de lecer que en tempos dos gregos seleúcidas chamouse Gabai, e foi unha sede militar fortificada na época sasánida (séculos III-VII) co nome de Jay. Un asentamento xudeu aledaño, Yahoudiyeh na beira norte do Zayandeh, foi o verdadeiro xermolo da Isfahán musulmá, cando foi capital dos turcos seliúcidas (século XI) e dos persas safávidas (século XVII), acadando o cénit coma unha das maiores e máis cosmopolitas urbes do mundo, foco cultural e relixioso, creación do Sah Abbas I cun excepcional plan urbano de gran praza (Meidán), bazar, mesquitas, pazos, xardíns, gran avenida-bulevar, e pontes sobor do río.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]