Estreito de Ormuz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Estreito de Ormuz
Mapa do Irán

O Estreito de Ormuz (تنگهٔ هرمز en persa) é un anaco de océano relativamente estreito entre o Golfo de Omán ao sudeste e o Golfo Pérsico ao suroeste. Na súa costa norte está o Irán e na costa sur os Emiratos Árabes Unidos e o enclave de Omán.

Situación estratéxica das illas[editar | editar a fonte]

Estreito de Ormuz visto do espazo. NASA

Próximas á costa norte situanse algunhas illas, que incluen Kish, Qeshn, Abu Musa e as Tunbs Maior e Menor. Esas illas teñen posicións estratéxicas enormes, funcionando con plataformas de control do tráfego marítimo.

Nunha conferencia de prensa o 18 de decembro de 1997, O ministro do Exterior e Deputado iraniano Abbas Maleki dixo que o Irán apoiaba o libre transporte de petróleo a través do estreito de Ormuz, mais reservaba para si a opción de pechar o estreito ao tráfego marítimo se o Irán estivese ameazado.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A abertura do Golfo Pérsico foi descrita, mais non denominada, no Periplo do Mar da Eritrea, un guía marítimo do século I:

Cap.35. Na fin desas illas Calaei existe unha cadea de montañas chamada Calon, e segue aló, non moito alén, a boca do Golfo Pérsico, onde hai moito mergullo para os pescadores de pérolas e mariscos. A esquerda dos estreitos hai grandes montañas chamadas Asabon, e á dereita medran, ben á vista, outras montañas arredondadas e altas, chamadas Semiramís; entre elas, a pasaxe a través do estreito ten aproximadamente 600 estadios; alén dos cais aquel grande e longo mar, o Golfo Pérsico, avanza lonxe no interior (das terras). Na parte superior e final deste golfo hai unha cidade mercantil, designada pola lei, chamada Apologus, situada perto de Charax Spasini e do Río Eufrates.

Existen dúas opinións sobre a etimoloxía deste nome. Segundo a crenza popular, deriva do nome do Deus Persa هرمز Ormoz (unha variación de Ahura Mazda). Outros historiadores e lingüistas derivan o nome Ormuz da palabra persa local هورمغ Hur-mogh significando Tamareira. Na realidade, nos dialetos locais de Hurmoz e Minab este estreito aínda é chamado Hurmogh e ten o significado mencionado.

Traxedia aérea[editar | editar a fonte]

O 3 de xullo de 1988, o estreito de Ormuz foi palco dunha das máis controvertidas traxedias da aviación da Historia, cando o voo 655 da compañia iraniana Iran Air, un Airbus A300, foi abatido polo navío de guerra da United States Navy US Vincennes (CG-49). Todas as persoas a bordo morreron (na maioría mulleres e pequenos), e evitouse dificilmente unha situación de crise internacional cando o presidente dos Estados Unidos George H. W. Bush dixo "I will never apologise for what Americans do" (Nunca pedirei desculpas polo que os americanos fan) e o presidente iraniano xurou vinganza sobre os americanos. As circunstancias desa traxedia aínda non foron, e talvez nunca serán, totalmente esclarecidas.

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]