Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Irán
 |
|
|
A bandeira de Irán (en persa: پرچم ایران) foi adoptada o 29 de xullo de 1980 e é un dos reflexos da Revolución iraniana neste país.
Flag of Iran before 1979 revolution
As cores verde, branco e vermello foron utilizados desde o século XVIII polos gobernantes iranianos ou persas como insignia, aínda que só en 1906 confeccionouse a primeira bandeira nacional a base de tres franxas, verde, branca e vermella, nesa orde de arriba cara abaixo. Esta bandeira levaba ademais o símbolo do león coa espada e un sol detrás, o cal era o símbolo dos emperadores de Irán.
En 2007 unha orde presidencial estableceu que a bandeira non poderá ser posta a media hasta en sinal de loito porque podería supor unha ofensa ao conter o nome de Alá.
Bandeiras históricas [editar]
Bandeiras dinásticas previas á Pahlavi [editar]
-
-
-
Bandeira do Imperio Safávida, de 1736 a 1747.
-
Bandeira da Dinastía Zand de 1750 a 1794.
-
-
-
-
Bandeiras da Revolución Constitucional Iraniana [editar]
-
Bandeira do Estado en 1906.
-
-
-
Bandeiras no século XX [editar]
Despois da Revolución Islámica liderada polo aiatolá Ruhollah Khomeini, a bandeira foi reformada: elimináronse da franxa branca o símbolo do león e o sol, sendo substituído por unha figura que representa catro medias lúas rodeando unha espada. Así mesmo, colocouse nas franxas verde e vermella, nas partes que limitan coa franxa branca, a frase Allah O Akbar (en árabe Deus é Grande) once veces en cada franxa, representando que foi no día 22 do undécimo mes (Bahman) cando o Xah Mohammad Reza Pahlevi fuxiu do país para non volver.
-
Bandeira da Dinastía Pahlavi, de 1925 a 1933.
-
Bandeira usada entre 1933 a 1964 e agora empregada pola oposición ao réxime da República Islámica.
-
-
-
Flag of Iran before 1979 Revolution
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]