Dodo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dodo
ExtinctDodoBird.jpeg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX es.svg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Columbiformes
Familia: Raphidae
Xénero: Raphus
Brisson, 1760
Especie: R. cucullatus
Nome binomial
Raphus cucullatus
Antiga distribución (en vermello)

Antiga distribución (en vermello)
Sinonimia
  • Struthio cucullatus (Carl von Linné, 1758)
  • Didus ineptus (von Linné, 1766)

O dodo ou dronte (Raphus cucullatus, chamado Didus ineptus por Carl von Linné) foi unha ave non voadora de aproximadamente un metro de altura, cun peso de entre 13 e 25 kg. Era orixinaria das illas Mauricio, no océano Índico. Alimentábase de froitos, cocos que abría co seu alongado peteiro. Tiña ás moi curtas e patas robustas de catro dedas. A plumaxe era de cor cinsenta escura na cabeza e no dorso, de cor branca no peito e na cola, e de cor amarelenta nas ás. Aniñaba no chan.

Pénsase que evolucionou das pombas que migraban entre África e o sudeste asiático, por iso se trataba dunha peculiar ave áptera, xa que a ausencia de depredadores fixo que non desenrolara un sistema muscular para o voo.

Era una parente cercano do solitario de Rodríguez, outra ave das Mauricio que tamén se extinguiu un século despois. Crese que a pomba de nicobar é o parente máis próximo aínda vivo.

O ser humano chegou ao seu hábitat no século XVII. As primeiras noticias en Europa sobre esta ave data de 1674; no 1681 un conquistador español trouxo un exemplar a Europa. Os descubridores portugueses chamárono dodo (quere dicir estúpido na fala coloquial portuguesa) pola súa torpeza e a facilidade coa que se cazaba. Tamén se lle chamou dronte, cunha intención científica.

A chegada do home produciu a propagación de novas especies na illa, como porcos, cans, gatos e ratos, e a aparición novas enfermidades e, tamén, á propia destrución do bosque, do cal dependía en gran medida a subsistencia do dodo. Estímase que o saqueo dos seus niños por parte das novas especies tivo un efecto devastador, que, con todo, un século despois de que o home pisara esas terras, o dodo extínguese.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais