Rodolfo II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodolfo II de Habsburgo, nado en Viena o 18 de xullo de 1552 e finado en Praga o 20 de xaneiro de 1612, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1576 - 1612), rei de Hungría e Croacia (1572 - 1608), rei de Bohemia (1575 - 1608/1611) e arquiduque de Austria (1576 - 1608).
Traxectoria [editar]
Membro da Casa dos Habsburgo, o legado de Rodolfo II é valorado dende un triplo punto de vista: un gobernante ineficaz cuxos erros levaron directamente á Guerra dos Trinta Anos, un grande e influínte patrono do manierismo nórdico e un devoto das artes ocultas e da aprendizaxe que axudou a propagar a revolución científica.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Biografía de Rodolfo II, na Enciclopedia Britannica (en inglés).