Otídidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avdtardas e sisóns
Avutarda kori (Ardeotis kori)
Avutarda kori (Ardeotis kori)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Otididae
Rafinesque, 1815
Xéneros

Os otídidos (Otididae) son unha familia de aves gruiformes que inclúe as avetardas e sisóns. Son de hábitos principalmente terrestres, asociadas con ambientes secos, abertos e esteparios do Vello Mundo. Segundo algúns autores, os otídidos deben clasificarse nunha orde de seu, os Otidiformes.[1]

Historia natural[editar | editar a fonte]

As avetardas son omnívoras e aniñan na terra. Camiñan ergueitas sobre as súas fortes patas e grandes dedas. Teñen as ás anchas e longas, con patróns de plumaxe rechamantes en voo. Moitas teñen interesantes cortexos, nas que realizan accións como inflar os sacos das súas gorxas, ou elevar rechamantes cristas. As femias depositan de tres a cinco ovos escuros e pintados, nunha zona escarbada no chan, onde os incuban elas soas.[2]

Son gregarias fóra da época de cría, pero son moi cautas e é difícil achegarse a elas nos hábitas abertos nos que se adoitan atopar.[3]

A maioría das especies están en perigo por mor da perda do hábitat e da caza, mesmo onde están protexidas.[3]

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

A familia Otididae inclúe nove xéneros e 26 especies:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/otid.html. Consultado o 2 de Marzo. 
  2. Archibald, George W. (1991). Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Forshaw, Joseph. pp. 98?99. ISBN 1-85391-186-0. 
  3. 3,0 3,1 Bota, G., J. Camprodon, S. Mañosa & M.B. Morais (Editores). (2005). Ecology and Conservation of steppe-land birds. Lynx Editions. Barcelona ISBN 84-87334-99-7; 978-84-87334-99-3.
  4. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  • Charles G. Sibley, Jon E. Ahlquist (1990). Phylogeny and Classification of the Birds : A Study in Molecular Evolution. New Haven: Yale University Press. 
  • Alan G.Knox, Martin Collinson, Andreas J. Helbig, David T. Parkin & George Sangster (Outubro 2002). Taxonomic recommendations for British birds. 144. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Otídidos