Obsolescencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A obsolescencia é a caída en desuso de máquinas, equipos e tecnoloxías motivada non por un mal funcionamento do mesmo, senón por un insuficiente desempeño das súas funcións en comparación coas novas máquinas, equipos e tecnoloxías introducidos no mercado.

Pode deberse a diferentes causas, aínda que todas elas cun contexto netamente económico:

  • A imposibilidade de encontrar repostos adecuados.
  • A obsolescencia é tamén consecuencia directa das actividades de investigación e desenvolvemento que permiten en tempo relativamente breve fabricar e construír equipos mellorados e con capacidades superiores ás dos precedentes. O paradigma, neste caso, constitúeno os equipos informáticos capaces de multiplicar a súa potencia en cuestión de meses.
  • Igualmente prodúcese en mercados e tecnoloxías substitutivas, nas que a opción dos consumidores pode facilmente polarizarse a favor dunha delas en detrimento das restantes.

Obsolescencia planificada[editar | editar a fonte]

Ás veces, os comerciantes, de forma deliberada, introducen a obsolencencia na estratexia do seu produto, co obxectivo de xerar a longo prazo un volume de vendas baseado en reducir o tempo de uso en repetidas compras. Nun sector altamente competitivo esta estratexia pode ser un risco xa que sempre é posible que os consumidores compren os produtos doutras marcas competidoras.

Consecuencias da obsolescencia[editar | editar a fonte]

A continua substitución de equipos xera importantes cantidades de residuos, coa problemática ambiental que iso comporta.