Araña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Araña
(Araneae)

Rango fósil: Carbonífero tardío - actualidade
Collage de arañas
Collage de arañas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
(sen clasif.): Arachnomorpha
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Clerck, 1757
Subordes

Mesothelae
Mygalomorphae
Araneomorphae

As arañas son os membros de calquera especie da orde Araneae dos artrópodos, que abundan en tódolos continentes excepto na Antártida. Ata a data describíronse unhas 35.000 especies, das que só unha ducia son realmente perigosas para os seres humanos.

Características[editar | editar a fonte]

As arañas teñen catro pares de apéndices ou extremidades: dous quelíceros, dous pedipalpos. Nos quelíceros habitualmente posúen glándulas velenosas e os machos de moitas especies empregan os pedipalpos, similares a patas curtas, como aparato copulador. A diferenza do resto dos arácnidos, o corpo das arañas está dividido en dúas partes unidas por un pedúnculo: a anterior, chamada cefalotórax ou prosoma e a posterior, coñecida como abdome ou opistosoma. Carecen de antenas e teñen unha vista moi pobre, a pesar dos seus catro pares de ollos simples denominados ocelos. Tamén as hai con tres, con dous e incluso cun só par de ollos (é menos habitual a presenza de arañas con menor número de pares de ollos). A situación destes na araña, é moi adecuada para identificar á especie que estamos examinando. Teñen catro pares de patas de 7 tramos chamados artellos, ordenados no corpo cara ó exterior: coxa, trocánter , fémur , xeonllo, tibia, metatarso e tarso.

Non se coñecen especies de araña que non produzan seda, material composto de proteínas complexas, que utilizan para moi variadas funcións: cazar presas e envolvelas nela; como adhesivo doutros materiais de construción de túneles, así como outras moitas utilidades. No extremo posterior do abdome áchanse as glándulas secretoras de seda denominadas fieiras, que producen un fluído que se solidifica ó contacto co aire (o fluído é unha disolución concentrada de proteínas e a súa estructura transfórmase xusto antes de saír converténdose nunha forma insoluble que rápidamente se deshidrata e constitúe a fibra de seda).

As arañas desenvólvense directamente, sen sufrir metamorfose.

Os araneidos (arañas), divídense en tres subordes: Mesothelae, Orthognatha e Labidognatha.

Algunhas das especies de arañas son:

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Araña de auga
Niño de arañas en Vilarromarís
Araña da familia Araneidae
Agelenopsis sp.

Sub-Orde Araneomorphae

Agelenidae
Amaurobiidae
Anyphaenidae
Araneidae
Caponiidae
Clubionidae
Corinnidae
Ctenidae
Cybaeidae
Deinopidae
Desidae
Dictynidae
Diguetidae
Dysderidae
Eresidae
Filistatidae
Gnaphosidae
Hahniidae
Hersiliiidae
Hypochilidae
Leptonetidae
Linyphiidae
Liocranidae
Lycosidae
Mimetidae
Miturgidae
Nesticidae
Oecobiidae
Oonopidae
Oxyopidae
Palpimanidae
Philodromidae
Pholcidae
Pisauridae
Plectreuridae
Salticidae
Scytodidae
Segestriidae
Selenopidae
Sicariidae
Sparassidae
Tengellidae
Tetragnathidae
Theridiidae
Thomisidae
Titanoecidae
Uloboridae
Zodariidae
Zorocratidae
Zoropsidae

Sub-OrdeMesothelae

Actinopodidae
Arthrolycosidae
Arthromygalidae
Barychelidae
Idiopidae
Liphistiidae
Microstigmatidae
Migidae
Nemesiidae
Paratropidae

Sub-Orde Mygalomorphae

Antrodiaetidae
Atypidae
Ctenizidae
Cyrtaucheniidae
Dipluridae
Hexathelidae
Mecicobothriidae
Theraphosidae

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de arañas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arañas

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Arañas, acróbatas e perigosas - NAEQ (en portugués)