Niño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niño con forma de cesto.
Femia de cisne aniñando na illa das Esculturas (Pontevedra).

Un niño é un lugar de refuxio utilizado por animais para procrear e criar á súa descendencia. Os ovíparos (aves, réptiles, insectos, peixes) depositan os seus ovos e incúbanos, mentres que os mamíferos paren neles, pero todos crían posteriormente a súa prole nos niños.

Adoitan ser xeralmente de material orgánico, ramas, herba e follas, e poden estar pendurados sobre as pólas ou no oco dunha árbore, nunha fenda ou entrante de rocha, sobre o chan ou entre matogueira. Na actualidade tamén se colocan caixas de madeira para favorecer a creación de niños das distintas especies. En xeral, cada especie ten uns estilos propios de niños, tanto en situación, forma e materiais, aínda que existen especies que comparten os mesmos niños e mesmo algunhas especies rouban os niños doutras.

Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.
Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.