Etoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gato pescudando

A etoloxía (do grego ήθος, ēthos, "temperamento", "carácter", "costume" e λόγος, logos, "tratado") é a rama da bioloxía que estuda o comportamento dos animais no medio natural.

Aínda que moitos naturalistas estudaron diversos aspectos do comportamento animal a través dos séculos, considérase que a disciplina moderna da etoloxía se presentou co traballo nos anos 60 do biólogo holandés Nikolaas Tinbergen e do biólogo austríaco Konrad Lorenz, ambos gañadores do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1973. A etoloxía combina a investigación de laboratorio e a de campo, con estreitos lazos a outras disciplinas - por exemplo, neuroanatomía, ecoloxía, evolución. Os etólogos amosan un maior interese por un determinado proceso de comportamento que nun grupo animal en particular e a miúdo soen estudar un tipo de comportamento (por exemplo, a agresividade) en diversidade de animais sen relación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]