Cine de animación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cinema de animación")
12 imaxes por segundo é o normal no cine de animación.

O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente y unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento. É dicir, que mentres no cine de imaxe real analizase e descompón un movemento real, no cine de animación constrúese un movemento inexistente na realidade.

Definición de animación[editar | editar a fonte]

Segundo o animador norteamericano Gene Deitch, "animación cinemática é o rexistro de fases dunha acción imaxinaria creadas individualmente, de tal xeito que se produza ilusión de movemento cando son proxectadas a unha taxa constante e predeterminada, superior á da persistencia da visión na persoa."

Técnicas de animación[editar | editar a fonte]

Segundo con que elementos se elabore esta ilusión de movemento, distínguense numerosas técnicas no cine de animación.

As tres principais son:

Pero existen outras muchas técnicas, xeralmente non usadas en longametraxes senón en curtametraxes de carácter non comercial:

  • Pixilación (animación de obxectos normais e actores)
  • Cut-outs (recortes)
  • Animación de area
  • Pantalla de agullas
  • Pintura sobre cristal
  • Debuxo directo sobre a película

Animación completa e animación limitada[editar | editar a fonte]

No cine sonoro existe unha norma de 24 imaxes por segundo. Esa é a taxa á que gravan as cámaras e proxectan os proxectores. Tómase unha fotografía da imaxe cada vintecatroavo de segundo. Na animación, non obstante, as imaxes non se toman, senón que se producen individualmente, e por esta razón non teñen que cumprir necesariamente co estándar do cine. Unha película de animación ten sempre 24 fotogramas por segundo, pero non necesariamente todos eses fotogramas amosan imaxes diferentes: na animación, as imaxes acostuman repetirse en varios fotogramas.

Deste xeito, temos varias taxas de animación:

  • En uns: cada imaxe é diferente, sen repetición. 24 imaxes por segundo, 1 imaxe cada fotograma.
  • En douses: cada imaxe repítese dúas veces. 12 imaxes por segundo, 1 imaxe cada 2 fotogramas.
  • En treses: cada imaxe repítese tres veces. 8 imaxes por segundo, 1 imaxe cada 3 fotogramas.

Tense calculado que o albor visual por debaixo do que xa non se capta un movemento senón imaxes individuais é de 7 imaxes por segundo.

Animación completa é cando se anima "en uns" ou "en douses". É o estándar da animación estadounidense para salas de cine, principalmente as películas de Disney, e tamén as longametraxes europeas. Xeralmente, anímanse as escenas con moitos movementos rápidos en "uns", e o resto en "douses" (a perda de calidade é imperceptible).

Animación limitada é cando se anima nunha taxa inferior. O estándar do anime xaponés é animación en "treses". A perda de calidade xa é perceptible se se é observador. O concepto de animación limitada tamén afecta a outros aspectos diferentes da taxa. Por exemplo, é animación limitada cando se repiten ciclos: pensemos en Pedro Picapedra correndo mentres ao fondo aparecen unha e outra vez as mesmas casas na mesma orde. Hai que ter en conta que, na técnica de debuxos animados, diferentes elementos da imaxe (un personaxe, outro personaxe, un obxecto móbil, un plano do fondo, outro plano do fondo) anímanse por separado, e que polo tanto dentro da mesma escena pode haber elementos con diferentes taxas de animación.

Breve historia da animación[editar | editar a fonte]

  • A animación apareceu antes que o propio cinematógrafo. En 1888 o francés Emile Reynaud inventou o praxinoscopio, un dos moitos xoguetes ópticos da época, no que se utilizaba unha técnica pre-cinematográfica de animación.
  • O pai do cine de animación foi o francés Emile Cohl, que desde 1908 realizou as primeiras curtametraxes de debuxos animados. Outros pioneiros foron Georges Mélies, James Stuart Blackton e o español Segundo de Chomón.
  • Durante a época do cine mudo e os primeiros anos do cine sonoro apareceron as principais formas de cine de animación.
  • Por unha banda, as películas mais comerciais, destinadas ao público masivo (Walt Disney, Popeye, Betty Boop, etc.).
  • Por outro banda, artistas de vangarda que contemplaron a animación como unha extensión das artes plásticas e realizaron obras experimentais (Oskar Fischinger, Len Lye, etc.).
  • Entre medias, infindas modalidades, desde os contos tradicionais en sinistros bonecos animados por Ladislaw Starewicz ata a "reportaxe animada" sobre o afundimento do Lusitania de Winsor McCay.
  • A primeira longametraxe de animación foi muda e arxentina: El Apóstol (1917) de Quirino Cristiani, película que desgraciadamente se perdeu. Outras longametraxes desa época (que si están a disposición do público actual) foron Die abenteuer des Prinzen Achmed (Alemaña, 1926) de Lotte Reiniger e Le roman de Renard (Francia, concluída en 1930 pero estreada en 1937) de Starewicz. Finalmente, en 1937 Walt Disney estreou Blancanieves y los siete enanitos.
  • Despois da Segunda Guerra Mundial houbo un enorme desenvolvemento do cine de animación.
  • En Estados Unidos, consolidouse o cartoon clásico coas longametraxes de Disney e as curtametraxes da Warner Bros. (con artistas como Chuck Jones e Friz Freleng; personaxes como Bugs Bunny, o pato Lucas, Elmer, Porky, etc.), da Metro Goldwyn Mayer (con Tex Avery) e posteriormente o novo estilo da UPA.
  • O National Film Board of Canada promoveu todo tipo de experimentos vangardistas e comenzouse coa ensinanza da animación, o que convertería a Canadá nunha potencia de primeira orde. Todo isto debese ao labor do principal animador experimental e abstracto de tódolos tempos: Norman McLaren. Aínda hoxe pódense ver conceptos que inventou McLaren ata en anuncios e videoclips.
  • Nos países do bloque comunista, o Estado promoveu intensamente a animación. Isto permitiu a moitos animadores traballar sen presións comerciais e crear obras de inmensa variedade e risco (e en moitos casos realizaron películas contra o réxime político que sufrían, en clave para pasar a censura). A primeira gran figura deste desenvolvemento foi a do animador checo de marionetas Jiri Trnka, un artista popular e delicado.
  • Neses anos tamén comezaron a realizarse películas animadas en China e Xapón.
  • Nos anos 60 e 70, coa popularización da televisión, as curtametraxes de animación desapareceron definitivamente dos cines, a partir de entón limitadas aos longametraxes comerciais, terreo dominado absolutamente por Disney ata os anos 90. A pesar de iso a curtametraxe floreceu noutras canles de distribución (festivais, circuítos especializados, etc.), sobre todo coa aparición de numerosas escolas de animación en todo o mundo.
  • Nos Estados Unidos, Hanna-Barbera dominou a animación para televisión e Disney a animación para cine. Nos anos 70 algunhas alternativas gozaron do favor do público. O máis coñecido pode ser Ralph Bakshi, coas súas primeiras películas pertencentes ao movemento underground (Heavy Traffic, Fritz el gato caliente) e posteriormente as súas películas de fantasía (El señor de los anillos, Wizards, Tygra).
  • En Europa do Leste, os herdeiros de Jiri Trnka converteron as súas industrias nacionais nas máis potentes do mundo, desde as series de televisión para nenos ata as curtametraxes artísticas máis oscuras e radicais: a produción foi enorme e a variedade inigualable. De entre os moitos artistas importantes, o máis famoso é o checo Jan Svankmajer, que utiliza o stop-motion e a plastilina para crear arrepiantes mundos surrealistas.
  • No Xapón, Osamu Tezuka protagonizou a explosión dos debuxos animados nipóns, no sucesivo coñecidos como anime. Autor de cómics inmensamente prolífico, adaptou varias das súas propias obras, conseguindo un éxito absoluto coa serie de televisión Astro boy, que definiu os trazos habituais do anime: animación limitada, dirección a imitación do cine de imaxe real, vínculo entre a industria da animación e a do cómic. Tezuka, un furacán creativo, tamén realizou longametraxes e ata curtametraxes experimentais. Durante os años 60 o anime foi habitual nas salas de cine, pero na década seguinte quedou confinado á televisión. Tamén houbo notables animadores independentes como Yoji Kuri e Kihachiro Kawamoto.
  • En Europa occidental os logros foron máis puntuais: películas como El submarino amarillo de George Dunning, Allegro non troppo de Bruno Bozzetto ou El planeta salvaje de Réne Laloux tiveron repercusión. Nas curtas destacaron artistas como Raoul Servais ou Paul Driessen.
  • Nas últimas dúas décadas, o cine de animación tivo unha evolución sen precedentes. A caída dos réximes comunistas de Europa do Leste fixo que se reducise enormemente a contribución destes países, sobre todo as facetas menos comerciais, pero segue existindo unha enorme variedade no resto do mundo, e por primeira vez a enorme diversidade das curtametraxes está empezando a facerse notar, aínda que sexa con limitacións, nas longametraxes comerciais.
  • Nos EEUU, Disney tivo un momento de esplendor a principios dos 90, con algunhas das súas máis exitosas (e tamén mellores) películas, sobre todo La bella y la bestia de Trousdale y Wise. Posteriormente caeu novamente na repetición, o seguimento das modas e o descrédito. O 2004 pode marcar a data na que Disney abandone os debuxos animados. O principal problema de Disney foi o auxe da infografía, que levou á compañía Pixar de John Lasseter (inicialmente unha pequena produtora que realizaba curtametraxes infográficas experimentais nos 80) a converterse na máis exitosa produtora do mundo, con películas de calidade comparable a algúns dos mellores Disney: Toy story, Bichos, Monstruos SA, etc. Tamén se produciron algunhas películas illadas de gran calidade, como El gigante de hierro de Brad Bird, Pesadilla antes de Navidad de Henry Selick, e as totalmente independentes e artesanais Me casé con un extraño e Mutant aliens de Bill Plympton, un frenético humorista que tamén é o autor de curtametraxes máis coñecido deste período.
  • O anime xaponés converteuse na industria máis prolífica do planeta, popularizándose en todo o mundo. As series de televisión son innumerables e seguen sendo a atracción principal para millóns de afeccionados. As longametraxes para cines, despois de desapareceren practicamente durante os 70, volveron cunha forza creativa e comercial inusitada, principalmente a partir de Kaze no Tani no Naushika de Hayao Miyazaki e Akira de Katsuhiro Otomo. Produciuse unha explosión na variedade de estilos e temáticas que se tratan, con autores tan radicalmente diferentes como Mamoru Oshii, Satoshi Kon ou Isao Takahata, mentres o citado Miyazaki converteuse nun director de culto internacional co prestixio dos grandes directores de imaxe real. Un animador independente que logrou recoñecemento en Occidente foi Koji Yamamura.
  • As diferentes industrias europeas atravesan situacións moi diferentes neste período.
  • En Francia destacan as curtametraxes da produtora Folimage; en longametraxes, o éxito de Kirikú y la bruja de Michel Ocelot abriu o camiño para un número crecente de películas de ambicións e calidade notables: Bienvenidos a Belleville de Sylvain Chomet, Corto Maltese: La cour secrète des Arcanes de Pascal Morelli, La prophétie des grenouilles de Jacques-Remy Girerd, etc.
  • No Reino Unido, a produtora Aardman Animation (dedicada principalmente a animación con plastilina) fíxose popular a ambos os lados do Atlántico coas súas curtametraxes (especialmente a saga de Wallace e Gromit, de Nick Park) e lanzouse á produción de longametraxes con Evasión en la granja do mesmo director. Ao abrigo deste éxito florecía a animación independente cun elevado número de nomes interesantes, como o estudio Bolexbrothers, e os curtametraxistas Barry Purves, Phil Mulloy e os irmáns Quay.
  • Novas xeracións de animadores dos países do Leste manteñen viva a súa tradición, case exclusivamente en curtametraxes, entre os que destacan: os rusos Garri Bardin, Aleksandr Petrov e Konstantin Bronzit; os checos Aurel Klimt (coa súa prestixiosa longametraxe Fimfarum) e o veterano pero aínda activo e coñecido Jan Svankmajer; o polaco Piotr Dumala; os letóns Priit Pärn e Priit Tender; etc.

Festivais de animación[editar | editar a fonte]

Os festivais de animación acollen tanto longametraxes comerciais como curtametraxes de todos os tipos, e son o principal medio de difusión para estes últimos. Os principales festivais de animación do mundo son os seguintes:

En España os más relevantes son:

En Latinoamérica:

Animadores[editar | editar a fonte]

Animadores populares do pasado[editar | editar a fonte]

Animadores populares actuais[editar | editar a fonte]