Anthonie Cornelis Oudemans
Anthonie (Antoon) Cornelis Oudemans, nado o 12 de novembro de 1858 en Batavia e finado do 14 de xaneiro de 1943 en Arnhem, foi un zoólogo neerlandés.
Traxectoria [editar]
Era fillo do astrónomo neerlandés Jean Abraham Chrétien Oudemans e neto do filólogo Anthonie Cornelis Oudemans, polo que recibiu o seu nome. A súa tese de doutoramente foi sobre os platihelmintos. En 1885 nomeárono diretor dos xardíns zoolóxicos da Haia, descrubriu varios insectos e unha especie de primate, o Lophocebus aterrimus. En 1892 publicou The Great Sea Serpent, un estudo dos informes de avistamento de serpes mariñas nos océanos do mundo, Oudemans concluíu que tales criaturas debía ser un membro descoñecido dos pinnípedos que el chamou Megophias megophias. Bernard Heuvelmans referíuse a este libro como o comezo da criptozooloxía. En 1895 deixou A Haia para ensinar bioloxía en Snits, publicou múltiples artigos científicos, e en 1917 un sobre o extinto dodo, Dodo-studiën: naar aanleiding van de vondst van een gevelsteen met dodo-beeld van 1561 te Vere. En 1942 doou ao Rijksmuseum van Natuurlijke Historie a súa importante colecciónn de ácaros que consistía en 5981 exemplares de 1316 especies. [1].