Columbiformes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Columbiformes | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pomba torcaz (Columba palumbus) |
|||||||||
| Clasificación científica | |||||||||
|
|||||||||
| Familias | |||||||||
As Columbiformes son unha orde de aves neognatas que inclúe as pombas, rulas e formas afíns, xunto cos extintos dodo (Raphus cucullatus) e solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria). Inclúe 307 especies actuais e 9 extintas en tempos históricos.[1]
[editar] Taxonomía
As columbiformes inclúen dúas familias:[1][2]
- Familia Raphidae - dodo e solitario de Rodrigues.
- Familia Columbidae - pombas, rulas, etc.
A familia Pteroclidae, anteriormente incluída nesta orde, clasifícase separadamente na orde Pterocliformes;[1] no entanto, outros autores inclúena na orde Ciconiiformes.[2]