Litografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prensa para litografía.
Pedra empregada para litografía.

A litografía é un procedemento de impresión, hoxe case en desuso salvo para a obtención e duplicación de obras artísticas. O seu creador foi Aloys Senefelder, de orixe alemá. Etimoloxicamente a palabra litografía vén dos termos gregos lithos pedra e graphe debuxo.

Definición[editar | editar a fonte]

A técnica litográfica basease no desvío recíproco entre substancias lipóficas e hidrófilas, isto quere dicir que a auga rexeita as tintas graxas; as zonas que imprime e as que non imprime se encontran no mesmo nivel, por iso as matrices litográficas chámanse tamén planográficas.

Características[editar | editar a fonte]

Para este tipo de impresión utilízase unha pedra calcaria pulida sobre a que se debuxa a imaxe a imprimir cunha materia graxa, ben sexa mediante lapis ou pincel. Este proceso basease na incompatibilidade da graxa e a auga. Unha vez a pedra está húmida, a tinta de impresión só queda retida nas zonas debuxadas previamente.

Para cada cor debe usarse unha pedra distinta e, evidentemente, o papel terá que pasar pola prensa de imprimir tantas veces como tintas se empregue. Nos carteis impresos mediante o sistema litográfico, tan frecuentes na segunda metade do século XIX e primeiras décadas do século XX, utilizábanse quince, vinte ou máis tintas.

O inventor deste sistema de impresión foi o tipógrafo alemán Alois Senefelder (1771-1834).

Así mesmo, reciben o nome de litografía, ademais do sistema de impresión, cada un dos exemplares obtidos por este procedemento así como o taller onde se realiza este tipo de traballos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]