Tendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tendón
Achilles-tendon.jpg
O tendón de Aquiles
Tendon (PSF).svg
Tendóns dunha man
Latín tendo
Dorlands/Elsevier Tendon

O tendón é unha parte do músculo estriado, de cor branca, de consistencia forte e contráctil, constituido por fibras de tecido conectivo que se agrupan en fascículos.

Características[editar | editar a fonte]

Os tendóns están formados por tecido conectivo denso. As fibras que o forman encóntranse entrelazadas por tecido conectivo denso regular non modelado, recibindo o nome de peritendón. O tendón exposto ao ar deteriorase rapidamente (por exemplo, en feridas ou intervencións cirúrxicas). Segundo a súa disposción, os tendóns clasifícanse da seguinte maneira:

  • Sen vaíña sinovial: situados en zonas de baixa fricción.
  • Con vaíña sinovial: situados en zonas de maior fricción.

Características histolóxicas[editar | editar a fonte]

Está formado principalmente por fibras de coláxeno de tipo I, moi estreitamente agrupadas entre si, ademais dunha escasa cantidade de fibras elásticas e mucopolisacáridos (encárganse de mantelo unido ao óso).

Localización[editar | editar a fonte]

Está situado a nivel dos músculos e ten a función de facer de nexo entre o músculo e o óso. Poden unir tamén os músculos a estruturas moles como o globo ocular.

Función[editar | editar a fonte]

Teñen a función de inserir o músculo no óso ou na fascia e trasmitirlles a forza da contracción muscular para producir un movemento. Mentres que os tendóns serven para mover o óso ou a estrutura, os ligamentos son o tecido conectivo fibroso que unen os ósos entre si e xeralmente a súa función é a de unir estruturas e mantelas estables.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wheater's. Histología funcional (en castelán).