Cintura escapular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cintura escapular

A cintura escapular é a primeira parte do membro superior humano, formada por dous ósos, a clavícula e a escápula. A cintura mantén unido o brazo ao tronco e polo tanto estabiliza o ombreiro.

Índice

Articulacións [editar]

A cintura escapular participa en tres articulacións anatómicas do ombreiro:

Articulación esterno-clavicular [editar]

A articulación esterno-clavicular é a articulación máis interna do ombreiro e artella a clavícula co esterno, a través dun menisco articular. A cápsula articular mantén unidos a ambos ósos.

Articulación acromio-clavicular [editar]

A articulación acromio-clavicular artella o acromion da escápula coa parte máis lateral ou externa da clavícula. Ten unha mobilidade reducida e ten numerosos ligamentos de reforzo.

Articulación glenoumeral [editar]

Artigo principal: Articulación glenoumeral.

A articulación glenoumeral é a máis móbil do ombreiro. Artella o úmero coa cavidade glenoide da escápula.

Unións miotendíneas [editar]

Á marxe das articulacións entre ósos existen dous tipos de unións miotendíneas, que contribúen á integridade do membro superior.

Unión escápulo-costal [editar]

É a unión fisiolóxica da escápula e as costelas. Contribúen a ela o músculo trapecio, o músculo romboide maior, o músculo romboide menor e o músculo serrátil anterior. Recibe un pequeno aporte do músculo pectoral menor.

Unión supraumeral [editar]

É unha unión entre a cabeza umeral co ligamento acromio-coracoideo. Participa o tendón do músculo supra-espiñal.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.