Peteiro
O peteiro ou bico é unha formación córnea nas aves. Está composto polo maxilar superior e o maxilar inferior ou mandíbula.
O peteiro é o único xeito que teñen as aves para consumir alimentos. As aves non teñen dentes, así que engolen o seu alimento enteiro. A forma do pico dunha ave depende da súa dieta. Por exemplo, os papagaios usan os seus peteiros agudos para cascar froitas e noces, os colibrís teñen un peteiro en forma de tubo para extraer o néctar das flores. Noutras aves os machos emprégano para atraer ás femias (como o tucano e cálao). O do pelicano é longo, agudo e recto, para penetrar con pouca resistencia na auga, e cun pregue de pel no maxilar inferior para apañar nel peixes. As aguias e outras aves rapaces posúen o peteiro afiado e en forma de gancho, co fin de desgarrar doadamente a carne dos animais dos que se alimentan.
Os peteiros non son exclusivos das aves, pois estes tamén se atopan nos monotremas (ornitorrinco e equidna), tivérono algúns terápsidos antigos (como o listrosaurio) e posúeno algúns moluscos cefalópodos coma as luras.
Notas [editar]
- Gilbertson, Lance; Zoology Lab Manual; McGraw Hill Companies, New York; ISBN 0-07-237716-X (fourth edition, 1999)
- Terres, John. K. The Audubon Society Encyclopedia of North American Birds, New York: Alfred A. Knopf, 1980. ISBN 0-394-46651-9