Rupia de Mauricio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rupia de Mauricio
Mauritian rupee (inglés)

Roupie mauricienne (francés)

Roupi morisyen (crioulo mauriciano)
Mauritius - 1 Rupee - coin.jpg
Código: MUR
Ámbito: Flag of Mauritius.svg Mauricio
Símbolo: [1] ou Mau ₨
Fracción: 100 (cents)
Moedas: 1, 5, 10 e 20 ₨
Billetes: 25, 50, 100, 200, 500, 1000, 2000 ₨
Emisor: Banco de Mauricio
Taxa de troco:
03-09-2011
1 EUR = 39,7859 MUR
1 USD = 27,9995 MUR
Troco actual

A rupia de Mauricio (en inglés Mauritian rupee, en francés roupie mauricienne, e en crioulo mauriciano roupi morisyen) é a moeda oficial de Mauricio. O seu código ISO é MUR e adoita abreviarse como Rs, o Mau Rs para diferenciala doutros tipos de rupia. Cada rupia divídese en 100 céntimos (cents / centimes / santim), fracción que actualmente xa non circula.

Historia[editar | editar a fonte]

A rupia foi instaurada por lei en 1876 como moeda local de Mauricio. A rupio foi elixida a causa da masiva circulación de rupias indias que conlevou a inmigración de cidadáns indios a Mauricio. A moeda foi adoptada en 1877 en substitución da rupia india, a libra esterlina e o dólar de Mauricio, moedes anteriormente en circulación na illa. Ao troco, a rupia de Mauricio equivalía á rupia india e valía medio dólar de Mauricio, mentres que a libra se canviaba a 10 1⁄4 rupias.

Contra o ano 1934, a rupia de Mauricio tiña un troco fixo respecto á rupia india, mais a diferencia desta, a moneda de Mauricio xa era unha moeda decimal dende o principio. A rupia de Mauricio tamén circulou en Seixeles ata 1914, ano no que foi sustituída pola rupia das Seixeles en termos de paridade (1=1).

Moedas[editar | editar a fonte]

As primeiras moedas actualmente en circulación foron acuñadas en 1987, esta serie comprendía os valores de 1, 5 e 20 cents ademais de 1/2, 1 e 5 Rupias, estas moedas foron sustituíndo progresivamente á anterior serie emitida co busto de Isabel II. Nas acuñacións máis recentes, as moedas de 1 Cent deixaron de ser acuñadas e introduciron novos valores de 10 e 20 Rupias nos anos 1997 e 2007 respectivamente.

Denominación Circula dende Forma Metal Diámetro Canto Deseño no anverso Deseño no reverso
Anel Centro
1 Cent 1987 Circular Cobre - - Sir Seewoosagur R. Valor facial
5 Cent 1987 Circular Cobre - - Sir Seewoosagur R. Valor facial
20 Cents 1987 Circular Níquel - - Sir Seewoosagur R. Valor facial
1/2 Rupia 1987 Circular Níquel 25 mm Estriado Sir Seewoosagur R. Escudo y facial
1 Rupia 1987 Circular Níquel 27 mm Estriado Sir Seewoosagur R. Escudo y facial
5 Rupias 1987 Circular Níquel 31 mm - Sir Seewoosagur R. Valor facial
10 Rupias 1997 Heptagonal Níquel 28 mm Liso Sir Seewoosagur R. Valor facial
20 Rupias 2007 Circular Latón Níquel 28 mm Estriado Sir Seewoosagur R. Valor facial

As moedas de 20 Rupias do 2007, son o último facial emitido polo Banco de Mauricio, a moeda é bimetálica.

Billetes[editar | editar a fonte]

Actualmente hai en circulación billetes de 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 2.000 rupias.

Denominación Anverso Reverso
25 rupias Sir Moilin Jean Ah-Chuen Rodrigues
50 rupias Mr Joseph Maurice Paturau Le Caudan
100 rupias Mr Renganaden Seeneevassen Court House
200 rupias Sir Abdool Razack Mohamed Mercado de Mauricio
500 rupias Mr Sookdeo Bissoondoyal Universidade de Mauricio
1000 rupias Sir Charles Gaëtan Duval State House
2000 rupias Sir Seewoosagur Ramgoolam Touro e caña de azucre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bank of Mauritius. Accessed 25 Feb 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outors artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]