Tartaruga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tartaruga (homónimos).
| Testudines | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
"Chelonia" Ernst Haeckel , 1904 |
||||||||
| Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
| Suborde e outros taxóns | ||||||||
|
Suborde Cryptodira
Suborde Pleurodira
|
A tartaruga ou sapoconcho é un animal réptil da orde dos Testudines (testudinata). Carece de dentes pero teñen un peteiro córneo para esmagar o alimento. O seu corpo está protexido por unha cuncha, formada por dúas capas -superior e inferior- de ósos planos que posúe orificios para a saída da cabeza, patas e rabo.
Índice |
[editar] Características
[editar] Cuncha e esqueleto
A cuncha é parte máis típica do corpo dunha tartaruga, e ten tanto ósos do esqueleto interno como outros planos e anchos que se orixinan na pel e acaban por soldarse aos primeiros. A parte externa da cuncha, que pode ser continua ou non, está revestida de placas, córneas case sempre, pero hai un pequeno número de especies que están cubertos de pel branca e dura (como por exemplo, a tartaruga de coiro). A forma e número destas placas serve para facer unha clasificación sistemática desta orde.
A cobertera das tartarugas esta formado por dúas partes: unha superior chamada espaldar ou escudo e outra inferior chamada plastrón ou peto, que poden estar soldadas entre sí ou unidas por certos ligamentos elásticos que lle pode dar algo de mobilidade. O espaldar ten 5 series lonxitudinais de placas óseas: unha serie media que vai polas vértebras, dúas placas costais, as máis anchas, e dúas series marxinais. O peto ten catro pares de placas simétricas que levan os nomes de epipeto, epiplastrón, plastrón, xifiplastrón, e unha única placa impar chamada endoplastrón.
O esqueleto da cabeza, ademais de ter interese para a clasificación sistemática, ten características propias como, por exemplo, non ter nunca fosas temporais, carecer de foramen interparietal e que o cóndilo occipital aparece trilobulado. Carece de dentes, e no seu lugar aparece unha capa córnea a modo de peteiro con bordes afiados que serven para cortar os alimentos.
O colo, cabeza e as patas se atopan sempre fóra do escudo (exemplo: tartarugas mariñas) ou ben poden retraerse total ou parcialmente.
[editar] Extremidades
As extremidades están provistas de cinco uñas, aínda que hai grandes diferenzas entre as distintas especies. As tartarugas mariñas teñen as extremidades anteriores máis longas e fortes que as posteriores, que teñen forma de aleta. As extremidades das tartarugas de auga doce non teñen nunca forma de aleta, pero si posúen fortes uñas e unha membrana que une os dedos entre si. Nas tartarugas terrestres os dedos das mans e dos pés son moi curtos con uñas robustas rematadas en punta.
[editar] Aparato dixestivo
O aparato dixestivo destes animais ten certas particularidades: carece de dentes, a lingua é branda e non protáctil, o esófago ten moitas papilas revestidas de formacións córneas rematadas en punta, e coa punta dirixida cara atrás. O estómago é sinxelo e o intestino ten pouca lonxitude e pode ter cego ou non. Desemboca nunha cloaca ampla, que abre ao exterior a través dunha fenda circular na que verten os seus produtos tanto o aparato excretor como o xenital.
[editar] Aparato circulatorio
O aparato circulatorio é de tipo reptiliano, non sendo distinto do da maioría dos membros da clase dos réptiles.
[editar] Aparato respiratorio
O aparato respiratorio presenta características propias deste grupo. Os pulmóns teñen unha estrutura moito máis complexa que nos outros réptiles e a mecánica respiratoria tamén é distinta á dos outros tetrápodos pulmonados. A caixa torácica é completamente inmóbil e a entrada e saída de aire realízase grazas aos movementos en pistón do colo e as extremidades dianteiras. Inflúe tamén o aparato hioideo e a farinxe, a cal ten capacidade de dilatarse. Nas especies acuáticas, a respiración realízase a través dos pulmóns e da cloaca, especialmente de dous sacos laterais desta.
[editar] Aparato excretor e reprodutor
O aparato excretor non ten tampouco características moi distintas do resto da clase dos réptiles. O aparato reprodutor masculino, a diferenza doutros réptiles, posúe un sinxelo pene. O aparato reprodutor feminino ten un grande ovario que produce ovos grandes, con moito vitelo e unha casca ás veces calcárea e ríxida e outras branda e apergamiñada.
[editar] Sistema nervioso
O sistema nervioso tamén segue a pauta da maioría dos réptiles e non posúe características especialmente diferentes. Entre os sentidos predominan a vista, o olfacto e o sentido do tacto.
O oído non parece moi agudo nestes animais. Carece de conduto auditivo externo e nalgunhas especies hai unha membrana timpánica visible a ámbolos dous lados da cabeza; noutras está cuberta de pel e é invisible.
Os ollos non teñen un gran tamaño, cunha meniña do ollo circular e unha esclerótica con moitas placas óseas que semellan un diafragma. Ten tres pálpebras: unha superior, outra inferior e a terceira móvese verticalmente, e leva o nome de membrana nictitante.
[editar] Modo de vida
Segundo as distintas especies, as tartarugas poden vivir indistintamente fóra ou dentro da auga, e caracterízanse por ter unha dura cuncha que lle serve de defensa ante os depredadores, posto que de non tela e pola súa gran lentidude serían moi vulnerábeis. O grupo ten cerca de 300 especies e ocupa hábitats moi diversificados como oceános, ríos ou florestas tropicais.
[editar] Reprodución
As tartarugas reprodúcense por medio de ovos, que ás veces teñen forma esférica e outras elipsoidal. As femias soterran os ovos, en area ou terra branda, a unha certa profundidade para que os depredadores non poidan alcanzalos. Hai especies que poñen poucos ovos e outras, en cambio, poñen un número moi elevado (máis de cen). A incubación é longa, e baséase na calor ambiental. Neste sentido é interesante o que acontece coas tartarugas mariñas, xa que na época de reprodución se achegan durante a noite a unha praia areosa e alí deixan a posta nun burato que elas mesmas escavan. Cando as pequenas tartarugas nacen teñen que chegar rápido á auga, sendo este uns dos momentos máis perigosos da súa vida, por seren febles e, loxicamente, atopárense expostas a moitos depredadores.
[editar] Clasificación
[editar] Taxonomía
Suborde Paracryptodira (extinta)
Suborde Cryptodira
-
-
- Familia Chelydridae
- Familia Meiolaniidae extinta)
- Superfamilia Chelonioidea (Tartaruga mariña)
-
- Familia Protostegidae (extinta)
- Familia Thalassemyidae (extinta)
- Familia Toxochelyidae (extinta)
- Familia Cheloniidae
- Familia Dermochelyidae
- Superfamilia Kinosternoidea
-
- Familia Dermatemydidae (Tartarugas de río)
- Familia Kinosternidae
- Familia Platysternidae
- Superfamilia Testudinoidea
-
- Familia Haichemydidae (extinta)
- Familia Lindholmemydidae (extinta)
- Familia Sinochelyidae (extinta)
- Familia Emydidae
- Familia Geoemydidae
- Familia Testudinidae
- Superfamilia Trionychoidea
-
- Familia Adocidae (extinta)
- Familia Carettochelyidae
- Familia Trionychidae
-
Suborde Pleurodira
-
-
- Familia Araripemydidae (extinta)
- Familia Proterochersidae (extinta)
- Familia Chelidae
- Superfamilia Pelomedusoidea
-
- Familia Bothremydidae (extinta)
- Familia Pelomedusidae
- Familia Podocnemididae
-
[editar] Clasificación das tartarugas de Galiza
As tartarugas que se poden atopar en Galiza pódense encadrar nas seguintes categorías taxonómicas:
- Orde Testudines ou Quelonia.
- Familia Dermochelyidae (Dermoquelidos, tartaruga mariña de coiro)
- Familia Cheloniidae (Quelónidos, tartarugas mariñas)
- Familia Emydidae (Sapoconchos, tartarugas de auga doce)
- Familia Testudinidae (Tartarugas de terra).
[editar] Algunhas especies
- Terrestres
- Tartaruga de terra arxentina (Geochelone chilensis).
- Tartaruga de terra rusa (Testudo horsfieldi)
- Tartaruga moura (Testudo graeca)
- Tartaruga mediterránea (Testudo hermanni)
- De auga
- Sapoconcho común (Emys orbicularis). Tamén se lle chama tartaruga (de auga) e sapoconcho pintado.
- Sapoconcho riscado (Mauremys leprosa). Tamén ten o nome de sapoconcho leproso. En español chámanse "galápagos".
- Tartaruga de auga de Florida (Trachemys scripta elegans)
- Mariñas
- Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea)
- Tartaruga mariña común (Caretta caretta)
- Tartaruga mariña verde (Chelonia mydas)
- Tartaruga (mariña) carei (Eretmochelys imbricata)
- Tartaruga mariña pequena (Lepidochelys kempii)
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Ayres, C. y Cordero, A. (2002): "La situación de los galápagos en Galicia" en Quercus 201: 20-24.
- Ayres Fernández,C. & Cordero Rivera,A. 2001: "Sexual dimorphism and morphological differentiation in European pond turtle (Emys orbicularis) populations from northwestern Spain" en Chelonian Conservation and Biology 4, 100-106.
- Cordero, A. & Ayres, C. (2004): "A management plan for the European pond turtle (Emys orbicularis) populations of the river Louro basin (NW Spain)" en Biologia, 59/Suppl. 14, 161-171.
- GALÁN REGALADO, P. e FERNÁNDEZ ARIAS, G.: Anfibios e réptiles de Galicia, Ed. Xerais de Galicia, colección Montes e Fontes, 1993, Vigo.
- Galán,P. 1999: Conservación de la Herpetofauna Gallega. A Coruña. Universidade da Coruña.
- Sociedade Galega de Historia Natural 1995: Atlas de Vertebrados de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
[editar] Ligazóns externas
[editar] En inglés
- UC Berkeley Museum of Paleontology
- Turtles of the World
- Chelonian studbook
- Biogeography and Phylogeny of the Chelonia
- Play a Turtle Mad Lib
- Lake Jackson Ecopassage
- Cantor's giant soft-shell turtle found in Mekong Delta
[editar] En castelán
- Tortuga terrestre argentina
- Belonweb:Tortugas, fotos, acuaterrario, cuidados, enfermidades, foros, articulos...
- Infotortuga
- Cheloniofilio.com : El sitio sobre todas las tortugas del mundo
- Cheloniophilie : El primero sitio Frances sobre las tortugas