Fémur
| Fémur | ||
|---|---|---|
| Fémur, vista posterior | ||
| Fémur, vista anterior | ||
| Latín | Os femoris | |
| Gray | tema #59 242 | |
| Articulacións | *Coxofemoral: Acetábulo da pelve |
|
O fémur é o óso máis longo e máis voluminoso do corpo humano, e localízase na coxa.
Tamén é o óso máis resistente. O fémur consiste nunha diáfise central, na epífise proximal que se prolonga, a través dun pescozo, até unha cabeza (esférica) - que o articula co óso do cadril - e na epífise distal que se divide en dous cóndilos, que se ligan á tibia e á rótula.
Unha persoa de 1,80 m ten un fémur de aproximadamente 50cm.
O fémur presenta tres caras (anterior, externa e interna) e tres beirass (posterior, externa e interna) na súa diáfise.
Diáfise femoral [editar]
- Cara anterior: No nivel máis fondo insírese o músculo tensor da sinovial do xeonllo. Por enriba del pasa sen inserirse o músculo cadrado femoral, cuxa orixe sitúase na tuberosidade isquiática do coxal. Máis superficialmente atopamos o músculo recto anterior da coxa. Este músculo ten a súa inserción superior no coxal, a través de dous tendóns. Un tendón directo que se insire na espina ilíaca antero-superior.
- Cara interna e externa: Non prestan insercións musculares, pero si atopamos os músculos vasto externo e interno. Estes dous músculos, cuxa orixe está no borde posterior, forman xunto co cadrado femoral e co recto anterior da coxa, o tendón do cuadríceps, que termina na cara anterior da rótula.
- Bordes externo e interno: Relaciónase co paso dos músculos das caras laterais e o cadrado femoral.
- Borde posterior: Consta de dous beizos e un intersticio. Ambos beizos na epífese inferior divídense orixinando os cóndilos femorais. Delimitan nesta zona inferior un triángulo: o triángulo poplíteo. Cara a epífise proximal os beizos trifúrcanse formando tres crestas. A externa presta inserción ó músculo glúteo maior, a media ó músculo pectíneo (por debaixo do trocánter menor); a interna ó vasto interno.
No intersticio insírense os músculos adductores, cuxa orixe atópase no borde inferior do coxal, na parte anterior do isquion e pube. Tamén se insire aquí a porción curta do bíceps femoral.
Epífise proximal [editar]
Consta de varias estruturas. Unha parte delas, articulares (articulación coxo-femoral) e outra parte delas destinadas a insercións musculares.
- Cabeza femoral: Anaco de esfera destinado á articulación coxo-femoral. Case todo el é articular, agás unha pequena fosa, destinada á inserción do ligamento redondo, que forma parte da articulación anterior. Este ligamento vai dende a cabeza á cavidade cotiloidea do coxal. Emite un segundo ligamento: o ligamento isquio-pubiano.
- Pescozo anatómico: Presta inserción á cápsula articular da coxo-femoral.
- Trocánter maior: Relieve óseo a nivel postero-externo. Nel insértanse unha serie de músculos pelvi-trocantéreos. Na cara interna atopamos unha fosiña onde se insertan caudalmente os músculos: obturador externo, obturador interno, xéminos superior e inferior. Estes tres últimos músculos proveñen os tres xuntos dende a escotadura ciática menor, e únense nun único tendón.
Na cara externa insértanse os músculos glúteo mediano e maior, nesta orde. Cada un deles axudado por unha bolsa de deslizamento. No borde superior insértase o músculo piramidal da pelve; no borde inferior o glúteo maior; no borde anterior o glúteo menor e no borde posterior o cadrado femoral.
- Trocánter menor: Insértase caudalmente o músculo psoas-ilíaco e por debaixo o músculo pectíneo.
- Pescozo cirúrxico: Zona de transición epífiso-diafisaria.
Epífise distal [editar]
A epífise distal contén unha serie de estruturas que forman parte do xeonllo, son os cóndilos femorais. Estúdianse seis caras:
- Cara superior: Continúase co resto do óso.
- Cara inferior: Forma parte da cámara proximal do xeonllo. Únense á cara superior dos meniscos.
- Cara anterior: Presenta un pequeno canal para o deslizamento da rótula. É unha cara chá, sen eminencias.
- Cara posterior: Presta inserción a dous ligamentos estabilizadores do xeonllo: os ligamentos cruzados anterior e posterior. O anterior vai do cóndilo externo á superficie preespinosa da tibia. O posterior vai do cóndilo interno á superficie retroespinosa da tibia.
- Cara cutánea interna: Non é unha superficie articular. Presta inserción ós múculos: xemelgo interno, plantar delgado e o addutor mediano ou terceiro addutor (inserción distal). Tamén se inserta o ligamento lateral interno do xeonllo.
- Cara cutánea externa: Non é unha superficie articular. Presta inserción ós múculos: xemelgo externo e poplíteo. Tamén ó ligamento lateral externo do xeonllo.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||