Lista Vermella da IUCN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados, en graos variados, de extinción, organizada hai corenta anos a nivel mundial. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.

Pola súa solidez científica, a Lista Vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.

O obxectivo da Lista Vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así a comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A Lista Vermella actualizase cada 4 ou 5 anos e está dispoñibel en internet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]