Pulso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pulso
Hand parts - gl.svg
Pulso nunha man dereita humana
Latín articulatio radiocarpea
Articulacións articulación do pulso

Na anatomía humana, o pulso pode ser definido coma 1) o carpo, o complexo de oito ósos que forman o esqueleto da parte máis proximal da man;[1][2] (2) a articulación do pulso ou articulación radiocarpal, a articulación entre o radio e o carpo;[2] e (3) a rexión anatómica ao redor do carpo incluíndo as epífisis distais dos ósos do antebrazo (radio e cúbito) e a parte proximal do metacarpo ou cinco óso metacarpais e a serie de articulacións entre eles, tamén denominada articulación do pulso.[3][4] Esta rexión tamén inclúe o arco do carpo, a entrada na man, para os músculos extensores e flexores da man.

Debido a esta variabilidade de definiciións, a fractura dun o varios ósos do carpo considérase una rotura carpal, pero cando se lesionan outras estruturas coma as partes distais do cúbito ou radio, fálase de roturas do carpo. [5]

Anatomía[editar | editar a fonte]

Ligamentos do pulso.

Articulacións[editar | editar a fonte]

A articulación radio-escafo-lunar, articulacións intercarpais, articulacións mediocarpais, articulacións carpo-metacarpianas, e articulacións intermetacarpianas comunícanse entre si a través dunha cavidade sinovial. [6]

Man extrínseca[editar | editar a fonte]

A articulación radio-cubital inferior é un eixo localizado entre os ósos do antebrazo, o radio e o cúbito. Formada pola cabeza cubital e a superficie articular do cúbito, esta articulación está separada da radio-escafo-lunar por unha cartilaxe situada na apófise estiloide do cúbito. A cápsula da articulación é laxa e se extende dende a epífise distal do radio ata o cúbito. Colabora coa articulación radio-cubital superior na pronación e na supinación. [7]

A articulación radio-escafo-lunar ou a articulación do pulso é unha articulación de forma elíptica que forma o radio, un disco articular e a fileira proximal do carpo. Os ósos do lado cubital do carpo teñen un rol menos importante; o óso pisiforme só contacta co resto de ósos durante a abdución do cúbito. A cápsula articular, laxa, é delgada no plano dorsal e pode conter membranas sinoviais. A cápsula continúase a través da articulación mediocarpal e reforzada por numerosos ligamentos, incluíndo o ligamento radiocarpal anterior e ligamento radiocarpal posterior, e o ligamento lateral interno do pulso e o ligamento radial externo do pulso. [8]

A articulación radio-escafo-lunar está constituída pola epífise distal do radio e a superficie inferior do disco articular; o óso escafoide, o óso semilunar, e o óso pisiforme. A superficie articular radial e a superficie inferior do disco articular forman unha cavidade cóncava. A superficie superior do escafoide, semilunar, e pisforme forman en conxunto un cóndilo convexo que se introduce na cavidade.

Man intrínseca[editar | editar a fonte]

Carpo.

Na man, un total de 13 ósos forman parte da articulación do pulso: oito pertencen ao carpoescafoide, óso semilunar, pisiforme, piramidal, trapecio, trapezoide, grande, e ganchudo— e cinco ósos metacarpais.[9]

A articulación mediocarpal é unha articulación con forma de S que separa as fileiras proximal e distal carpais. As pequenas articulacións intercarpais, entre os ósos da mesma fileira, están reforzadas polo ligamento radial do carpo e o ligamento pisiganchudo e o ligamento intercarpal palmar, ligamento interóseo intercarpal, e o ligamento intercarpal dorsal. Existe certo grado de mobilidade entre os ósos da filera proximal do carpo mentres que os ósos da fileira distal están artellados cos ósos do metacarpo—as articulacións carpo-metacarpianass— por ligamentos fortes —o ligamento pisometacarpal e ligamento carpometacarpal anterior e ligamento carpometacarpal dorsal— que permite a mobilidade destes ósos. Ademais, as articulacións entre os ósos metacarpais —as articulacións intermetacarpais— están reforzadas polo ligamento intermetacarpal posterior, ligamento interóseo intermetacarpal, e o ligamento intercarpal anterior.[8]

Movementos e músculos[editar | editar a fonte]

Os músculos extrínsecos da man insírense no brazo e antebrazo, percórrenos e insírense nas vainas tendíneas dos dedos. Cando se contraen, a maioría dos tendóns deses músculos entran na man agrupados a través do retináculo flexor da man no lado palmar e a través do retináculo extensor da man no lado dorsal ou posterior. No lado palmar, os ósos do carpo forman un arco óseo polo que circulan múltiples tendóns de músculos flexores. A súa estrutura permite que os tendóns poidan deslizarse cara adiante (na relaxación) e cara atrás (na contracción). Cando por algunha causa este tramo se obstrúe, aparece dor, alteracións motoras e outros síntomas, constituíndose o síndrome do túnel carpiano.[10]

O pulso, en conxunto permite realizar os seguintes movementos:[11][12]

Os movementos de pronación e supinación realizados polo pulso requiren a participación da articulación radio-cubital inferior, e por iso esta última articulación adoita ser considerada parte do pulso.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Behnke 2006, p 76. "The wrist contains eight bones, roughly aligned in two rows, known as the carpal bones."
  2. 2,0 2,1 Moore 2006, p 485. "The wrist (carpus), the proximal segment of the hand, is a complex of eight carpal bones. The carpus articulates proximally with the forearm at the wrist joint and distally with the five metacarpals. The joints formed by the carpus include the wrist (radiocarpal joint), intercarpal, carpometacarpal and intermetacarpal joints. Augmenting movement at the wrist joint, the rows of carpals glide on each other [...] "
  3. Behnke 2006, p 77. "With the large number of bones composing the wrist (ulna, radius, eight carpas, and five metacarpals), it makes sense that there are many, many joints that make up the structure known as the wrist."
  4. Baratz 1999, p 391. "The wrist joint is composed of not only the radiocarpal and distal radioulnar joints but also the intercarpal articulations."
  5. "Fractures, Wrist". eMedicine, Medscape. http://emedicine.medscape.com/article/828746-overview. Consultado o August 2009. "Fractures of the distal radius, ulna, or both account for approximately three quarters of bony injuries of the wrist."
  6. Isenberg 2004, p 87
  7. Platzer 2004, p 122
  8. 8,0 8,1 Platzer 2004, p 130
  9. Platzer 2004, pp 126-129
  10. Saladin, 2003, pp 361, 365
  11. Platzer 2004, p 132
  12. Platzer 2004, p 172
  13. Kingston 2000, pp 126-127

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pulso
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Pulso