Mitocondria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As mitocondrias son os orgánulos que se atopan en practicamente tódalas células eucariota (tamén hai en células gaméticas), encargadas de subministraren a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular; actúan polo tanto, como centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP por mor da fosforilación osidativa. A mitocondria presenta unha membrana exterior permeábel a ións, metabolitos e moitos polipéptidos. Iso é debido a que contén proteínas que forman poros chamados Porinas ou VDAC (Canal aniónico dependente de voltaxe), que permiten o paso de moléculas de ata 10,000 Dalton e un diámetro aproximado de 20A. A membrana mitocondrial interna presenta pregos dirixidos cara ó interior chamados crestas, que conteñen tres tipos de proteínas:
- As proteínas que transportan os electróns ata o osíxeno molecular.
- Un complexo enzimático, a ATP-sintetasa que cataliza a sintese de ATP (fosforilación oxidativa).
- Proteínas transportadoras que permiten o paso de ións e moléculas a través da membrana interna.
|
|
|
|---|---|
| Sistema endomembranoso | Membrana celular - Núcleo (Nucléolo) - Retículo endoplasmático - Aparato de Golgi - Peroxisoma - Parentosoma Vesículas (Lisosomas - Endosomas - Fagosomas - Vacúolos) Gránulo citoplasmático (Melanosoma - Microcorpo - Glioxisoma - Corpo Weibel-Palade) |
| Endosimbiose | Mitocondria - Plastos (Cloroplasto - Cromoplasto - Amiloplasto) |
| Citoesqueleto | Microfilamentos - Filamentos intermedios - Microtúbulos - Centríolos |
| ADN | Cromosomas (Cromatina - Cromátide - Centrómero) - Plásmidos |
| Externas | Parede celular - Cilio/Flaxelo - Acrosoma |
| Outras | Citoplasma - Ribosoma - Centro de organización microtubular (Centrosoma - Corpo basal) - Proteasoma |