Corporocracia
Corporatocracia, ou ben Corporocracia, é o goberno das grandes empresas, o cal é unha denominación dada a un goberno no cal o poder foi transferido desde o estado (é dicir, desde o pobo) ás grandes empresas.
Os procesos de privatizacións das empresas públicas poden ser o paso inicial desta forma de goberno, xa que o estado perde o seu poder regulador na economía e os servizos públicos e as empresas teñen unha maior influencia nas decisións do mesmo.
[editar] Definición
Corporatocracia é un neoloxismo derivado da palabra inglesa "corporatocracy" (que algunhas veces escríbese "corporocracy"). Esta palabra, creada polo Global Justice Movement, describe o goberno dunha sociedade na cal as persoas no poder toman decisións favorables ás grandes empresas en detrimento do pobo.
O termo inglés "corporation" referiríase a unha gran empresa ou sociedade anónima de capitais multinacionais. Deste xeito, no sentido xeral, "corporatocracia" implica a existencia dun goberno controlado por persoas que administran ou están intimamente relacionadas con estas grandes empresas, buscando maximizar os beneficios das mesmas.
Por este concepto, a través do mecanismo de extracción de renda monopólica ou extracción de renda oligopólica, estas grandes empresas son capaces de definir a axenda política nacional dos gobernos deste tipo, debaixo dunha fachada de democracia.