Multiculturalismo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O multiculturalismo é un termo que está suxeito a diversas interpretacións. Pode simplemente designar a coexistencia e cohesión social de diferentes culturas (étnicas, relixiosas, etcétera) no seo dun mesmo conxunto (unha nación, por exemplo). Co adxectivo multicultural adóitase aludir á variedade que presentan as culturas das distintas sociedades. Pódese afirmar que o multiculturalismo propón a conversión dos estados en comunidades multiculturais, pois comprende a diversidade racial, étnica e, en definitiva, cultural, como un factor positivo con vistas ao desenvolvemento social.
Por outra parte, o multiculturalismo é tamén unha teoría que busca comprender os fundamentos culturais de cada unha das nacións.