Consellaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellarías da Xunta de Galicia[editar | editar a fonte]

Actualmente o goberno da Xunta de Galicia está formado por 10 consellarías, amais do departamento da presidencia. Non obstante, o número é variábel e cada novo goberno dispón o numero de carteiras en función das súas preferencias políticas.