Jorge Rafael Videla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jorge Videla»)
Infotaula de personaJorge Rafael Videla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1925 Editar o valor em Wikidata
Mercedes, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Marcos Paz, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCementerio Memorial (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Nación Arxentina
29 de marzo de 1976 – 29 de marzo de 1981
← Isabel PerónRoberto Eduardo Viola →
Comandante en xefe Exército Arxentino
27 de agosto de 1975 – 31 de xullo de 1978
Chefe do Estado-Maior Conjunto das Forças Armadas (pt) Traducir
4 de xullo de 1975 – 27 de agosto de 1975
Chief of the Army General Staff (en) Traducir
1973 – 1975
Director Colégio Militar da Nação (pt) Traducir
1971 – 1973
Governor of Tucumán Province (en) Traducir
4 de agosto de 1970 – 3 de setembro de 1970
Executive officer (en) Traducir V Mountain Brigade (en) Traducir
1968 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaMilitarismo (pt) Traducir e Anticomunismo Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónWar Superior School (en) Traducir (1952–1954)
Colégio Militar da Nação (pt) Traducir (1942–1944)
Escola das Américas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , oficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividade3 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata - 13 de xullo de 1978 Editar o valor em Wikidata
Partido políticomilitary party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
melina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Arxentino Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente-general (pt) Traducir (1975–1985)
general de divisão (pt) Traducir (1975–1975)
general de brigada (pt) Traducir (1971–1975)
Coronel (1966–1971)
tenente coronel (1961–1966)
Comandante (1958–1961)
capitán (1952–1958)
primeiro tenente (pt) Traducir (1949–1952)
Tenente (1947–1949)
tenente de segunda (1944–1947) Editar o valor em Wikidata
ConflitoOperation Sovereignty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
FamiliaQ5855772 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAlicia Hartridge (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porCrime de lesa humanidade (1985) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Videla-9 Find a Grave: 110670584 Editar o valor em Wikidata
Videla na inauguración da Exposición Rural en Palermo, Buenos Aires, en 1976.

Jorge Rafael Videla, nado en Mercedes (Provincia de Buenos Aires) o 2 de agosto de 1925 e finado en Marcos Paz o 17 de maio de 2013[1], foi un militar arxentino que ocupou de facto a presidencia do seu país entre o 1976 e o 1981. Chegou ao poder nun golpe de estado que derribou á presidenta María Estela Martínez de Perón, exercendo unha cruel ditadura. O seu mandato estivo marcado por violacións dos dereitos humanos e por un conflito fronteirizo con Chile, que estivo a punto de virar en conflito armado. Despois da restauración da democracia, foi xulgado e condenado a prisión perpetua e perda do rango militar por varios crimes cometidos durante o seu goberno.

O golpe[editar | editar a fonte]

O entón tenente-xeneral Videla foi nomeado Comandante en Xefe do exército pola presidenta María Estela Martínez de Perón, Isabelita, en 1974. Videla encabezou o golpe de estado de 24 de marzo de 1976 que substituíu a Isabelita por unha xunta militar, formada por el mesmo, representando o Exército, polo almirante Emilio Eduardo Massera (Mariña) e polo brigada xeneral Orlando Ramón Agosti (Forza Aérea), dando inicio ao autodenominado Proceso de Reorganización Nacional. Os militares arxentinos foran adestrados na famosa Escola das Américas, localizada en Panamá e financiada e dirixida polos Estados Unidos. O golpe militar formaba parte dun plan maior de golpes militares en toda América Latina co apoio da CIA e dos Estados Unidos.

O 29 de marzo asumiu a Presidencia da Nación, que ocuparía ata ser substituído polo xeneral Roberto Viola en 1981, polo forte desgaste público da súa imaxe e diverxencias no seo da cúpula militar.

Dereitos humanos[editar | editar a fonte]

As violacións dos dereitos humanos durante a ditadura foron frecuentes e gravísimas. O plano de represión sistemática da oposición política e ideolóxica, combatida como subversión, foi un dos elementos chave na imposición e desenvolvemento do Proceso de Reorganización. No curso deste, a supresión do dereito á ampla defensa, os encarceramentos ilegais, as torturas e os asasinatos de opositores foron feitos comúns, sobre todo nos núcleos urbanos de maior presenza estudantil.

Durante o goberno de Raúl Alfonsín instituíuse a CONADEP (Comisión Nacional de Persoas Desaparecidas) para investigar e documentar o sucedido. Con base nos achados da mesma, Videla e outros membros do goberno militar foron condenados pola xustiza.

O conflito con Chile[editar | editar a fonte]

Durante o réxime militar, o conflito limítrofe entre Arxentina e Chile sobre a soberanía sobre tres illas na canle de Beagle (Picton, Lennox e Nueva) estaba pendente de resolución e sometido ao laudo da coroa británica.

En 1977 ditouse unha resolución desfavorábel á Arxentina, o que provocou unha reacción inmediata do goberno militar. A guerra pareceu inminente no ano de 1978, e a tensión non diminuíu ata a intervención da Santa Sé. O Papa Xoán Paulo II abriu un novo proceso de mediación, nomeando como o seu representante persoal o cardeal Antonio Samoré, o que permitiu a desmobilización das tropas. O conflito non se resolvería ata a sinatura do Tratado de Paz e Amizade de 1984. Hoxe a soberanía chilena sobre as illas é indiscutíbel.

A política económica[editar | editar a fonte]

José Alfredo Martínez de Hoz dirixiu a economía durante toda a presidencia de Videla. As súas medidas económicas, baseadas na apertura dos mercados e no desmantelamento da lexislación laboral vixente, contribuíron ao desmantelamento dos sindicatos e a polarización das diferenzas de clase. Mesmo Martínez de Hoz, negando posteriormente a súa implicación coas actividades represivas do Proceso, argumentou que foran necesarias para conter o descontento popular cos resultados económicos. Debido á eliminación das barreiras tarifarias, a caída da produción industrial e o saldo negativo da situación exterior da Arxentina durante o Proceso, o valor nominal da débeda externa multiplicouse por catro.

A súa relación coa xustiza[editar | editar a fonte]

Como resultado das tensións entre as tres forzas armadas pola repartición do poder, Videla foi afastado do cargo. Foi substituído na presidencia polo Xefe do Estado Maior do Exército, xeneral Roberto Viola.

Dous anos despois de restablecerse o réxime democrático na Arxentina en 1983, foi xulgado e declarado culpable do asasinato e o desaparición de miles de cidadáns durante a súa xestión presidencial. Foi sentenciado á prisión perpetua e perda da patente militar en 1985. A Cámara Federal Criminal e Correccional considerouno penalmente responsábel por numerosos homicidios cualificados, 504 privacións ilegais da liberdade cualificadas, aplicacións de torturas, roubos cualificados, falsidades ideolóxicas, falsificacións de documentos públicos, usurpacións, escravitude, extorsións, secuestros extorsivos, supresión de documentos, subtraccións de menores, e torturas seguidas de morte. A sentenza foi confirmada pola Corte Suprema de Xustiza en 1986.

Videla pasou só cinco anos preso. En 1990, o entón presidente Carlos Saúl Menem fixo uso da facultade presidencial do indulto para ditar a súa liberación, xunto coa doutros membros de xuntas militares e xefes da policía da Provincia de Buenos Aires, e do dirixente montonero Mario Eduardo Firmenich.

En 1998 Videla regresou á prisión, aínda que por curto período, pois un xuíz determinara que as cuestións de subtracción de menores durante a chamada Guerra Sucia constituían crime de lesa humanidade, e polo tanto imprescritíbeis. Pasou 38 días na Prisión de Caseros ata que lle foi concedido o dereito á prisión domiciliar pola súa idade avanzada. A causa encóntrase aínda aberta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Murió el ex dictador Jorge Rafael Videla", artigo en Clarín, 17 de maio de 2013 (en castelán).
Presidentes da Arxentina

Segue a:
María Estela Martínez de Perón
Xunta Militar
de facto
Jorge Rafael Videla
Precede a:
Roberto Eduardo Viola
de facto
Ditadura