Estado Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República Portuguesa

1933–1974
Bandeira Escudo
Himno: A Portuguesa
Capital Lisboa
Lingua Portugués
Relixión Catolicismo
Goberno Estado autoritario corporativista unipart.
Presidente
 • 1926–1951 Óscar Carmona
 • 1951–1958 Francisco Craveiro
 • 1958–1974 Américo Tomás
Primeiro Ministro
 • 1932–1968 Oliveira Salazar
 • 1968–1974 Marcelo Caetano
Lexislatura Bicameralismo
 - Cámara alta Cámara Corporativa
 - Cámara baixa Asemblea Nacional
Historia
 • Constitución 1933 19 de marzo de 1933
 • Rev. dos caraveis 25 de abril de 1974
Superficie
 • 1940 2.168.071 km²
Poboación
 • 1940 est. 17.103.404 
     Densidade 7,9/km²
 • 1970 est. 22.521.010 
     Densidade 10,4/km²
Moeda Escudo

Estado Novo ou II República Portuguesa é o nome do réxime político autoritario e corporativista que tivo lugar durante 41 anos en Portugal de forma ininterrompida, desde 1933, coa aprobación de unha nova Constitución por plebiscito nacional, até 1974, coa Revolución dos Cravos. Coa designación Estado Novo pretendíase dicir que se iniciaba unha nova fase política do país, diferente da primeira República portuguesa.

É tamén chamado Salazarismo, malia que este último termo pode tamén ser aplicado ao período en que António de Oliveira Salazar gobernou, é dicir, desde a súa ascensión ao cargo de Presidente do Consello de Ministros en 1932 até o seu afastamento por doenza en 1968. Salazar foi substituído despois por Marcello Caetano. Non obstante, esta última designación revela que o Estado Novo estaba moito centrado e dependía profundamente da figura de Salazar, o seu fundador e "xefe".

Tratouse da ditadura máis longa na Europa occidental durante o século XX. Alongouse durante 48 anos, incluíndo a ditadura militar de 1926 a 1933 e o Estado Novo que abrangue o período entre os anos 1933 e 1974.