Miklós Horthy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miklós Horthy

Miklós Vitéz Horthy de Nagybánya, nado en Kenderes, Hungría o 18 de xuño de 1868 e finado o 9 de febreiro de 1957 en Estoril, Portugal, foi un líder político húngaro.

[editar] Traxectoria

Horthy foi o Rexente de Hungría no período de entreguerra e durante a maior parte do tempo da Segunda Guerra Mundial. Serviu de marzo de 1920 a outubro de 1944. Comandou a Frota do Imperio Austro-Húngaro durante a Primeira Guerra Mundial e escribiu as súas experiencias e memorias.

Depois de que Béla Kun dominara a Hungría, o goberno contrarrevolucionario colocou a Horthy no comando das súas forzas, co consentimento da Tripla as forzas romanesas invadiron Hungría e depuxeron a Kun. Horthy asumiu o poder trala saída das tropas de Budapest o novembro de 1919, e un ano despois foi nomeado rexente e cabeza do estado.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas