Doutrina Kirkpatrick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Doutrina Kirkpatrick foi unha doutrina política exposta pola Embaixadora de Estados Unidos Jeane Kirkpatrick ante as Nacións Unidas nos anos oitenta para xustificar, no contexto da guerra fría, o sostén dos Estados Unidos a ditaduras do Terceiro Mundo que eran anticomunistas. Kirkpatrick aseguraba que os estados prol-soviéticos eran réximes totalitarios mentres as ditaduras prol-occidentais eran autoritarios. Kirkpatrick indicaba que os réximes totalitarios eran máis estables que os réximes autoritarios, e polo tanto teñen unha maior propensión a influír nos estados veciños.

O principio de Kirkpatrick de que os réximes totalitarios son máis estables que os réximes autoritarios foi duramente críticado desde a caída da Unión Soviética en 1991, especialmente porque Kirkpatrick predicía que o sistema soviético duraría por décadas. Os seus defensores din que a Unión Soviética caeu só pola constante oposición Occidental dirixida por EEUU contra o Comunismo durante a guerra fría. Estes tamén argumentan que a transición do totalitarismo á democracia no Bloque do Leste non foi unha suave transición como normalmente acontece con outros estados autoritarios cara á democracia.

Segundo Kirkpatrick, os réximes autoritarios soamente tratan de controlar e/ou castigar a conduta dos seus cidadáns, mentres que os réximes totalitarios van máis aló diso procurando controlar os pensamentos dos seus cidadáns, utilizando propaganda, lavado cerebral, reeducación, a espionaxe a particulares e a represión política masiva baseada na ideoloxía do estado. A Unión Soviética, especialmente durante o mandato de Stalin e a Alemaña nazi son citados como exemplos de arquetípos de réximes totalitarios.

Os réximes totalitarios tamén a miúdo procuran socavar ou destruír as institucións tradicionais da comunidade (por exemplo, a relixión, ou aínda a institución familiar), mentres os réximes autoritarios usualmente non pretenden danar tales institucións. Por esta razón, ela argumenta que o proceso de restaurar a democracia é máis fácil en ex-estados autoritarios que en ex-estados totalitarios, e os estados autoritarios son máis dóciles á reforma gradual nunha dirección democrática que os estados totalitarios.

A Doutrina Kirkpatrick foi moi influente durante a presidencia de Ronald Reagan. A administración Reagan deu diferentes graos de apoio a ditaduras anticomunistas, como en Guatemala (en 1985), Filipinas (en 1986), e a Arxentina (en 1983), e armou o mujahideen en Afganistán, UNITA en Angola, e os Contra en Nicaragua, para destruír aos réximes ou partidaros comunistas neses países.